#Camiños...

AXENDA

#Camiños

28/02/2021 - 28/02/2021

#Camiños

Descrición do Evento

ButacaZero reflexiona sobre a identidade galega en #Camiños

Domingo 28 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

De balde previa reserva de entrada.

Todos os públicos.

Duración: "Perderás a noción do tempo"

Aforo limitado. 

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA BUTACA


Teatro físico, música folk e electrónica, "bicicletas de spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María" ou traxedia mesturada con ironía atópanse nunha obra dirixida por Xavier Castiñeira sobre un texto de Esther F. Carrodeguas, que tamén protagoniza a montaxe canda a Noelia Blanco, Noa Covelo e Celina Fernández.

Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, ven da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de camiños. Camiños que unen as aldeas coas ciudades.

Os poemas de Rosalía coa música electrónica. O spinning co churrasco. As fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Instagram.  Unha festa teatral sobre a Galicia máis "millenial", coa liberación da muller e a muller liberada como punto de partida dunha historia que tece fíos entre todas as visións do que fomos e o que desexamos ser.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás