BO LYRIC NADAL...

AXENDA

BO LYRIC NADAL

22/11/2020 - 22/11/2020

BO LYRIC NADAL

Descrición do Evento

Domingo 22 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ''Pintor Lloréns''

Entrada de balde previa reserva de butacas

Capacidade limitada

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA


O recital "Bo Lyric Nadal II" é a segunda parte dunha proposta musical especialmente pensada para entrarmos de cheo no espírito do Nadal, empregando para iso algunha das páxinas máis recoñecibles da música relixiosa desde o Barroco ata a época contemporánea.

A través dun repertorio para voz solista con pezas de moi diferente carácter, poderemos viaxar no tempo e na xeografía, desde algunha das panxoliñas máis fermosas da nosa lingua galega pasando por pezas de inspiración castelá, andaluza, e se nos imos un pouco máis lonxe chegamos a Francia, Inglaterra e... como a nosa pianista é de orixe venezolana.

Por que non cruzar o charco e saltar a Sudamérica?. Iso si, sen esquecermos os compositores clásicos como Mozart.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás