A CARRETA PANTASMA
07/03/2021 - 07/03/2021
Descrición do Evento
Espectáculo de narración oral a cargo de Paula Carballeira
Público adulto.- 70 min.
Domingo 7 marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns
Entrada de balde previa reserva de butaca.
Obrigatorio uso de máscara. Aforo limitado
A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.
A carreta pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo.
A carreta pantasma está baseado no filme sueco do mesmo título estrenado no ano 1921, dirixida por Victor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff,a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura, sobre unha crenza popular.
Casa da Cultura Pintor LLoréns