Axencia de emprego...

AXENDA

Axencia de emprego e desenvolvemento local


FORMACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB

FORMACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB

06/11/2018

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputaciónda Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Información e Comunicación que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3: DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)

Emprego de Sada programa dous obradoiros de formación gratuitos

Emprego de Sada programa dous obradoiros de formación gratuitos

02/11/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada, xestionada por Francisco Montouto, colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, incluídos no baremo de marisqueo da Consellería do Mar cunha puntuación de 0,40 puntos cada un, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E.

Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas

Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas

29/10/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) está a colaborar coa Fundación Equipo Humano, na execución dun programa denominado Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas con base no Acordo Marco P.A. 17/13 de Axencias de Colocación na provincia da Coruña.

O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

26/10/2018

-Sada ocupa o posto 453, dun total de 8.116 municipios España, e o 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€. Desde o 2014 Sada aumentou dous postos nos concellos de Galicia con maior renda pasando do 13 ao 11 cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupa o 10 posto da comunidade con 25.871€.

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

22/10/2018

Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O GALP Golfo Ártabro Sur crea o proxecto "Mulleres do Mar"

O GALP Golfo Ártabro Sur crea o proxecto "Mulleres do Mar"

15/10/2018

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur sabe da importancia do traballo das mulleres do mar e quere que se faga máis visible. Por isto, este proxecto nace co obxectivo de incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres que traballan no sector do mar.

Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"

Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"

10/10/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza o Obradoiro gratuito A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN en colaboración con ManOne Promotion&Social Media, dirixido a persoas emprendedoras e pymes.

Sada oferta un curso gratuito de operario de tratamento de cefalópodos

Sada oferta un curso gratuito de operario de tratamento de cefalópodos

20/07/2018

O Concello de Sada a través da Concellería de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego un Curso gratuito de Operario polivalente de tratamento de cefalópodos nos meses de agosto e setembro na nosa localidade.