Urbanismo...

AXENDA

Urbanismo

Oscar Benito Portela Fernández

Alcalde

Teléfono: 981620075 (ext 225)

Contacto: alcaldia@sada.gal

As novas tecnoloxías cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil que permita á xente ter toda a información que xera o Concello e que tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxestións. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas. 

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno. A web é unha ferramenta importante de comunicación e convídovos a utilizala.


Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

28/05/2021

O Concello de Sada, a través da concellería de Novas Tecnoloxías alegou ante o Ministerio de Asuntos  Económicos e Transformacion Dixital na consulta pública para identificar zonas sen dotación de fibra óptica  

Sada presenta ao Pleno un paquete de actuacións no municipio por preto de 1 millón de euros

Sada presenta ao Pleno un paquete de actuacións no municipio por preto de 1 millón de euros

26/05/2021

A proposta de alcaldía inclúe achegas para a expropiación do espazo libre nas Brañas, para a execución da primeira fase do módulo deportivo de Mondego, para a aportación municipal da reforma das antigas escolas de Carnoedo, para a instalación de pantallas informativas no municipio, para a segunda fase da posta en valor do barrio mariñeiro de Fontán, para a achega municipal do proxecto de eficiencia enerxética no municipio, para a achega municipal do mobiliario do Centro de Formación Ocupacional e outras actuacións municipais.

O CONCELLO DE SADA SOLICITA FORMALMENTE Á XUNTA A INCOACIÓN DE MODIFICACIÓN DO DECRETO BIC DO PAZO DE MEIRÁS

O CONCELLO DE SADA SOLICITA FORMALMENTE Á XUNTA A INCOACIÓN DE MODIFICACIÓN DO DECRETO BIC DO PAZO DE MEIRÁS

12/05/2021

O Concello solicita incorporar ao Decreto 299/2008 tanto unha relación detallada de bens mobles como un réxime transitorio de usos, axustado a un uso dotacional público. 

A competencia é plena e exclusiva da Xunta, tal e como recoñece o propio Estado. 

Sada presenta recursos contra a retirada de bens  do Pazo de Meirás

Sada presenta recursos contra a retirada de bens do Pazo de Meirás

06/05/2021

Os servizos xurídicos do Concello de Sada presentaron esta mañá os dous escritos no Xulgado de Primeira Instancia n1º para evitar que a familia Franco poida levarse os bens  do Pazo de Meirás.

Sada e Augas de Galicia acordan a ampliación da estación depuradora de augas residuais

Sada e Augas de Galicia acordan a ampliación da estación depuradora de augas residuais

22/04/2021

Augas de Galicia aceptou a solicitude do Concello para a colaboración técnica e financeira na execución da ampliación da EDAR de Sada co financiamento pola Administración autonómica do 100% do custo da actuación estimado en 10.306.728,93 euros

O CONCELLO DE SADA INSTA AO ESTADO A INTERPOÑER INCIDENTE DE EXECUCIÓN DE SENTENZA

O CONCELLO DE SADA INSTA AO ESTADO A INTERPOÑER INCIDENTE DE EXECUCIÓN DE SENTENZA

22/04/2021

O propio Auto da Audiencia ampara a interposición de dito incidente, en aplicación do art. 703-1 LEC, e tendo en conta que na escritura de 1938 o que se transmitíu foi continente (inmoble) e contido (todos os bens mobles, agás a biblioteca).

SADA DEMANDA DA XUNTA A INCOACIÓN URXENTE DA MODIFICACIÓN DO DECRETO BIC DO PAZO PARA ASEGURAR A INTEGRIDADE DO MESMO.

SADA DEMANDA DA XUNTA A INCOACIÓN URXENTE DA MODIFICACIÓN DO DECRETO BIC DO PAZO PARA ASEGURAR A INTEGRIDADE DO MESMO.

21/04/2021

Ante o Auto da Audiencia, a Xunta de Galicia debe adoptar medidas inmediatas para evitar a retirada dos bens mobles do Pazo polos Franco.

 

Sada inicia a expropiación de parcelas incluidas no ámbito de As Brañas

Sada inicia a expropiación de parcelas incluidas no ámbito de As Brañas

25/03/2021

O pasado decembro iniciose o expediente de expropiación forzosa para obtención do solo destinado a sistema xeral de espazos libres SXEL-06-31, de As Brañas, polo procedemento de taxación conxunta.