Promoción Económica, Turismo...

Promoción Económica, Turismo e Emprego

Laura Rodríguez Pena - Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego - Contacto


Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

12/03/2020

- A suspensión afecta a actividades deportivas, culturais, de lecer, escolas municipais ou feirón pero tamén á celebración dos procesos selectivos.

-O concello instalará ademáis dispensadores de xel hidroalcohólico en dependencias municipais e Casas do Pobo e difundirá información visual sobre o protocolo do COVID-19

Cursos para persoas desempregadas do Concello de Sada

Cursos para persoas desempregadas do Concello de Sada

10/03/2020

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza dous cursos para persoas desempregadas do Concello de Sada

Sada Comercio 2020

Sada Comercio 2020

09/03/2020

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego anunciase a apertura do prazo de inscrición para a participación no Sada Comercio 2020, evento que terá lugar entre os días 28 e 29 de marzo na Praza Irmáns Suárez Picallo, no entorno do paseo marítimo de Sada.

O ENTROIDO CHEGA A SADA POLA COCIÑA

O ENTROIDO CHEGA A SADA POLA COCIÑA

13/02/2020

O fin de semana do 21 ao 23 de febrero Sada acollerá a V Edición do Concurso gastronómico Entroido de Tapas

Sada, 13 febreiro 2020.

Sada programa a IV Exposición da Camelia das Mariñas

Sada programa a IV Exposición da Camelia das Mariñas

13/02/2020

Aberta a inscrición para a mostra floral que terá lugar na Casa da Cultura o 14 e 15 de marzo.

Segundo a  Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, “a Camelia está máis de moda que nunca polo que agardamos repetir o éxito de público e participantes da pasada edición”.

V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

V ENTROIDO DE TAPAS DE SADA

03/02/2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego xunto co sector hostelero organiza os vindeiros 21,22 e 23 de febreiro a V edición do concurso Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería, restauración e o turismo no municipio a través da creatividade da oferta vinculada a gastronomía do Entroido galego. 

O programa Vives Emplea Sada 2019 pechouse cunha inserción laboral do 40%

O programa Vives Emplea Sada 2019 pechouse cunha inserción laboral do 40%

17/01/2020

O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, está a por en marcha o programa "Vives Emprega Sada 2020", co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral a persoas en risco de exclusión a través de empregos por conta allea, autoemprego ou outras formas de economía social.

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

10/01/2020

Sada proxecta recuperar este ano a súa arquitectura da auga, elementos vinculados á cultura tradicional e a un pasado recente onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida. Para preservar ese patrimonio etnográfico, o Concello inclúe no plan POS da Deputación deste exercicio un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentan as mesmas necesidades, maiormente limpeza e reparacións.