Laura Rodríguez Pena - Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego - Contacto
Laura Rodríguez Pena - Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego - Contacto
19/01/2021
O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
As medidas do Concello de Sada terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada.
21/12/2020
BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”
FICHA DE CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
17/12/2020
A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego vén de dar a coñecer os/as gañadores/as do Concurso de Postais do Nadal, que busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas.
10/12/2020
A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego ven de presentar a campaña de Nadal en coordinación do Comercio Local que contará con material promocional nas rúas e inclúe distintos soportes de difusión en prensa escrita, dixital e radio en medios comarcais e nacionais.
02/12/2020
A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través dun concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa que o Concello de Sada mercará ao comercio local.
30/11/2020
Sada convoca as axudas do PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA para mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica. Estas axudas están dirixidas ás persoas profesionais autónomas e ás microempresas, sustento das súas economías locais, para contribuír así á súa pronta recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico da nova era posCOVID-19.
07/11/2020
Baixo o slogan "Xuntos+fortes. Axúdasnos a axudar?", varios comerciantes e hostaleiros do municipio coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica inician unha campaña na que colaborarán coa Cruz Vermella para axudar as familias máis necesitadas.
06/11/2020
Dada a situación sanitaria da Comarca e ante as novas restricións vixentes a partir de hoxe, o Concello, xunto coa Hostalaría de Sada, deciden adiar a celebración do VIII Outono de Tapas por responsabilidade e prevención colectiva.