Promoción da Saúde,...

AXENDA

Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

Breogán Blanco Gónzalez

Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

A promoción da saúde considérase fundamental e imprescindible nos nosos veciños para alongar o seu “camiño” e facelo dunha maneira activa. Debemos fortalecer as bases deste camiño co desenvolvemento dun plan que promulgue un método de vida saudable para todos e todas. Un plan na busca dun exemplo, dunha dirección que seguir nese longo percorrido.

Traballaremos pola transversalidade, que percorra o noso municipio por completo, para proporcionarlles a todos os nosos veciños e as nosas veciñas as mesmas oportunidades e actividades, coa finalidade de dotar dun proxecto global e común a todos.

Do mesmo xeito, impulsaremos unha área esquecida hoxe en día na sociedade, pero que resulta imprescindible nese camiño que comezamos xuntos: o voluntariado. Necesitamos dotar o noso pobo, independentemente da súa idade, das facilidades para a integración neste corpo solidario. Propulsando que a nosa xente nova disfrute das mesmas oportunidades para a súa experiencia laboral, cultural, social e sobre todo, vital. Ofrecendo proxectos para o seu desenvolvemento persoal. 


Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

02/09/2019

A concelleria de Mocidade organiza unha nova saída do programa Sendereando no Camiño o vindeiro domingo 8 de setembro por Cee

Listaxe persoas con praza Sendereando Cee

Sada solicita por 4ª vez entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar o tema do cambio de ubicación do Centro de Saúde

Sada solicita por 4ª vez entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar o tema do cambio de ubicación do Centro de Saúde

20/08/2019

O alcalde de Sada remitiu a pasada semana un escrito ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, onde se solicitaba entrevista persoal para tratar un asunto que é “obxetivo prioritario para o goberno de Sada”.

Actividades de Voluntariado en Sada

Actividades de Voluntariado en Sada

13/08/2019

O Concello de Sada presentou proxecto para a realización de actividades de voluntariado perante a Consellería de Política Social, ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019.

As persoas que desexen participar nas actividades de voluntariado poden inscribirse nas oficinas xerais do Concello, onde se lles dará a información que precisen.

Sada esixe á Xunta de Galicia máis persoal para cubrir os servizos sanitarios da localidade e unha segunda ambulancia de urxencias.

Sada esixe á Xunta de Galicia máis persoal para cubrir os servizos sanitarios da localidade e unha segunda ambulancia de urxencias.

19/07/2019

-O Concello de Sada enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almunia, onde lle indica as carencias de persoal do PAC de Sada que provoca “agardas minimas de 15 días para acceder a unha cita, que non sempre pode ter ese periodo de espera”.

Sada solicita á Xunta unha solución urxente para o PAC de Sada

Sada solicita á Xunta unha solución urxente para o PAC de Sada

19/07/2019

O Concello de Sada, ven de remitir novamente un escrito ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia incidindo na deficitaria dotación de persoal do Centro de Saúde do municipio.

Sada 19 xullo 2019.