Promoción da Saúde,...

AXENDA

Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

Breogán Blanco Gónzalez

Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

A promoción da saúde considérase fundamental e imprescindible nos nosos veciños para alongar o seu “camiño” e facelo dunha maneira activa. Debemos fortalecer as bases deste camiño co desenvolvemento dun plan que promulgue un método de vida saudable para todos e todas. Un plan na busca dun exemplo, dunha dirección que seguir nese longo percorrido.

Traballaremos pola transversalidade, que percorra o noso municipio por completo, para proporcionarlles a todos os nosos veciños e as nosas veciñas as mesmas oportunidades e actividades, coa finalidade de dotar dun proxecto global e común a todos.

Do mesmo xeito, impulsaremos unha área esquecida hoxe en día na sociedade, pero que resulta imprescindible nese camiño que comezamos xuntos: o voluntariado. Necesitamos dotar o noso pobo, independentemente da súa idade, das facilidades para a integración neste corpo solidario. Propulsando que a nosa xente nova disfrute das mesmas oportunidades para a súa experiencia laboral, cultural, social e sobre todo, vital. Ofrecendo proxectos para o seu desenvolvemento persoal. 


ACTIVIDADES 2020 NAS PARROQUIAS DE SADA

ACTIVIDADES 2020 NAS PARROQUIAS DE SADA

26/12/2019

A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado publica as actividades para o 2020 que comezarán no mes de febreiro.

O prazo de preinscrición, que pode facerse nas Asociacións de Veciños de cada parroquia ou no Concello na entreplanta) remata o 15 de xaneiro.

O Concello de Sada convoca á cidadanía a un acto de apoio a folga convocada por médicos e pediatras de Atención Primaria

O Concello de Sada convoca á cidadanía a un acto de apoio a folga convocada por médicos e pediatras de Atención Primaria

27/11/2019

O Concello de Sada chama aos veciños e veciñas de Sada a movilizarse mañá xoves 28 de novembro ás 11:00 horas nunha concentración diante do Centro de Saúde en apoio á folga convocada polos/as médicos e pediatras galegos.

APOIO Á FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA DA SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA

APOIO Á FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA DA SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA

26/11/2019

O Goberno Municipal de Sada apoia a folga convocada na atención primaria da sanidade pública de Galicia

Sada, 26 de novembro de 2019

Sendereando no Camiño Inglés polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

Sendereando no Camiño Inglés polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

25/11/2019

A OMIX do Concello de Sada organiza un novo roteiro do Sendereando no Camiño desta volta polo roteiro do Hospital de Bruma (Mesía)

Inscrición en liña

Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

24/11/2019

-O orzamento, que se leva ao pleno do xoves 28 de novembro, prima as actividades culturais, nas que se verán incluídos os actos do Centenario de Isaac Díaz Pardo, en detrimento da partida de Festas, que contempla unha redución importante.

SendereAndo no Camiño por Arzúa o 10 de novembro

SendereAndo no Camiño por Arzúa o 10 de novembro

05/11/2019

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza un novo roteiro do programa SendereAndo no Camiño por Arzúa o domingo 10 de novembro cun percorrido de 13.5 quilómetros e unha dificultade media. 

Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

09/10/2019

O Concello de Sada a través da oncellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa en todas as parroquias do municipio a actividade de Pilates para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida.

SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

01/10/2019

A concellería de Mocidade organiza un novo roteiro do SedereAndo no Camiño o vindeiro domingo 6 de outubro por Caldas de Reis.

LISTAXE SOLICITANTES CON PRAZA SENDEREANDO CALDAS DE REIS