Promoción da Saúde,...

Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

Breogán Blanco Gónzalez

Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado

A promoción da saúde considérase fundamental e imprescindible nos nosos veciños para alongar o seu “camiño” e facelo dunha maneira activa. Deste camiño debemos fortalecer as súas bases co desenvolvemento dun plan que promulgue un método de vida saudable para todos e todas. Un plan na búsqueda dun exemplo, dunha dirección a seguir nese longo percorrido.

Traballaremos pola transversalidade, que percorra o noso municipio por completo, para dotar a tódolos nosos veciños das mesmas oportunidades e actividades, coa finalidade de dotar dun proxecto global e común a todos.

Do mesmo xeito, impulsaremos unha área esquecida na sociedade hoxe en día, pero que resulta imprescindible nese camiño que comezamos xuntos: o voluntariado. Necesitamos dotar ao noso pobo, independentemente da súa idade, das facilidades para a integración neste corpo solidario. Propulsando que os nosos xóvenes disfruten das mesmas oportunidades para a súa experiencia laboral, cultural, social e sobre todo, vital. Ofrecendo proxectos para o seu desenvolvemento persoal. 


Desde o xoves 21 é obrigatoria a máscara contra o coronavirus onde non se poidan manter dous metros de separación

Desde o xoves 21 é obrigatoria a máscara contra o coronavirus onde non se poidan manter dous metros de separación

20/05/2020

Toda persoa maior de 6 anos deberá usar “calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas”, agás casos nos que estea contraindicado

Sada, 20 maio 2020.

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20/05/2020

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

CITA PREVIA NO CONCELLO DE SADA

15/05/2020

Todas as persoas que necesiten realizar algún trámite no Concello de Sada poderán solicitar cita previa a través da sede electrónica municipal

FORMULARIO CITA PREVIA 

Sada envía mascarillas a todas as vivendas do municipio.

Sada envía mascarillas a todas as vivendas do municipio.

05/05/2020

"O Concello de Sada quere garantir que todas as persoas dispoñan de máscaras para empregar en caso de necesidade". Así comeza a carta que desde o consistorio sadense enviouse a todos os domicilios do municipio do padrón  e onde remiten máscaras para os que habitan en cada casa, en base aos datos que existen no padrón. «Felicitamos a todas as veciñas e veciños polo comportamento exemplar que están a demostrar nestes momentos difíciles», apunta ademais o documento.

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

13/04/2020

Medidas do Concello de Sada

Publicacións Organismos Públicos

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

O VOLUNTARIADO DE SADA ATENDE AOS MAIORES DO MUNICIPIO

10/04/2020

-O goberno municipal agradece,  e moito,  a tantos homes e mulleres que, empregando o seu tempo e medios fan unha labor desinteresada na procura do ben social.

- O Concello ven cubrindo as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada que o necesitan e desde hai uns días, a través do voluntariado, ofrécese un servizo de seguemento e atención telefónica para loitar ca soidade que provoca o confinamiento nas persoas que viven soas.

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

01/04/2020

-O persoal de Obras e Servizos está a desinfectar zonas de paso común nas parroquias do municipio.

-O Concello de Sada entregou ao longo deses últimos días diverso material sanitario ao persoal que está a traballar neste Estado de Alarma para minimizar no posible os posibles contaxios.

VOLUNTARIADO COVID-19

VOLUNTARIADO COVID-19

17/03/2020

Desde o Concello de Sada poñemos a disposición de todas as persoas un formulario para que, se fose necesario, dotar dun servizo de VOLUNTARIADO ao municipio.

O pasado sábado o Concello de Sada puxo en marcha este servizo ao que xa están anotados/as máis de 30 veciños e veciñas do municipìo aos que desde o goberno local agradécelles a súa determinación.