Rebeca Mouriño Neira
Concelleira de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías - CONTACTO
Desde esta Concellaría temos como obxectivo achegarnos ás veciñas e veciños e impulsar o desenvolvemento local e a democracia pariticipativa. A participación cidadá é o dereito a ser escoitado/a e a intervir nas decisións municipais.
É necesario manter e promover as relacións coas asociacions de veciños/as recollendo as suas propostas e inquedanzas e traballamos para que sexa así.
Asemade, a xuventude é un eixe fundamental na participación, pois as mozas e os mozos atravesan un período de diferentes formas de sociabilidade e é o noso labor ofrecerlles a posibilidade de realizar actividades do seu interese e integralos no tecido social para formar aos cidadáns e cidadás do futuro.