Obras e Servizos...

Obras e Servizos

Fernando Fariña Andrade

Concelleiro de Obras e Servizos

 


Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

Sada proxecta unha intervención no seu patrimonio etnográfico da auga

10/01/2020

Sada proxecta recuperar este ano a súa arquitectura da auga, elementos vinculados á cultura tradicional e a un pasado recente onde fontes e lavadoiros eran elementos imprescindibles na forma de vida. Para preservar ese patrimonio etnográfico, o Concello inclúe no plan POS da Deputación deste exercicio un proxecto de mantemento de fontes e lavadoiros, tras estudar o estado de 21 elementos e chegar á conclusión de que a maioría deles presentan as mesmas necesidades, maiormente limpeza e reparacións.

Sada licita a renovación da iluminación pública coa que conseguirá un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano

Sada licita a renovación da iluminación pública coa que conseguirá un aforro enerxético de 1.500.000 kWh/ano

08/01/2020

A Plataforma de Contratación do Sector Público publica hoxe duas licitacións cun orzamento total de 709.545 euros, a Renovación da iluminación pública exterior no casco urbano de Sada (259.382,99 €) e Renovación da iluminación pública exterior nas parroquias do termo municipal  de Sada (450.162,14 €).

 2020 ANO ISAAC DÍAZ PARDO - DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

2020 ANO ISAAC DÍAZ PARDO - DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

27/12/2019

Declaración institucional acordada por todos os grupos políticos da Corporación sadense que se leeu o 26 de decembro no transcurso do Pleno Ordinario.

Neste 2020 que está a piques de comezar, conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, figura senlleira e fundamental na historia de Galicia e fillo predilecto de Sada.

RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

RECOMENDACIÓNS E TELÉFONOS DE INCIDENCIAS TEMPORAL SÁBADO 21 DECEMBRO

21/12/2019

Teléfonos de incidencias, recomendacións e cancelación de actividades.

TELÉFONO ESPECIAL DE INCIDENCIAS

Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

18/12/2019

O Concello adxudica tamén a reforma da Oficina de Información Xuvenil para liquidar as deficiencias en cuberta e fachada

Sada, 18 de decembro 2019.

O goberno municipal de Sada investirá 1.130.000 euros en actuacións no 2020 con cargo aos Plans Provinciais

O goberno municipal de Sada investirá 1.130.000 euros en actuacións no 2020 con cargo aos Plans Provinciais

15/12/2019

-O goberno non inclúe nos Plans Provinciais pagos a provedores nin gastos correntes ao ter aforro neto positivo no exercicio inmediato anterior e o nivel de endebedamento a longo prazo con entidades financeiras é cero.

CORTES DE ELECTRICIDADE EN SADA O 29 NOVEMBRO

CORTES DE ELECTRICIDADE EN SADA O 29 NOVEMBRO

26/11/2019

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o Grupo NARTURGY informa que o próximo día venres 29 novembro van proceder a deixar fóra de servizo varias instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante os seguintes intervalos de tempo.

Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

Sada aumenta as partidas de protección social e bens públicos no orzamento 2020

24/11/2019

-O orzamento, que se leva ao pleno do xoves 28 de novembro, prima as actividades culturais, nas que se verán incluídos os actos do Centenario de Isaac Díaz Pardo, en detrimento da partida de Festas, que contempla unha redución importante.