Educación e Deporte...

AXENDA

Educación e Deporte

María Nogareda Marzoa - Concelleira de Educación e Deporte - maria.nogareda@sada.gal  

A educación é unha das bases da nosa sociedade. A formación das novas xeracións debe de ser unha das nosas prioridades e desde a Concellaría de Educación e Deporte queremos ofrecer un servizo transversal das dúas áreas e traballar desde distintos ámbitos, dado que non existe mellor investimento que o que se fai co noso capital humano.

Así pois, esta concellaría ponse ao servizo, non só dos centros educativos colaborando activamente coas súas direccións, senón tamén coas asociacións de nais e pais e co alumnado en xeral, pois traballando de xeito coordinado poderemos optimizar esforzos e recursos, así como axudar a resolver calquera incidencia ou consulta que poida xurdir; a prioridade é traballar en equipo e o traballo en conxunto influirá positivamente nas novas xeracións.

Do mesmo xeito, o traballo na área de deportes debe estar en sintonía a través da colaboración activa de todos os clubes do municipio e traballaremos para continuar facilitando as actividades deportivas que se realicen; somos conscientes de que o deporte non deixa de ser un importante nexo de unión interxeracional que, á súa vez, fomenta os hábitos de vida saudable, a creación de disciplinas de traballo e a cultura do esforzo, todos estes valores importantes que se deben adquirir na infancia pero que se continúan a desenvolver na vida adulta, axudándonos a levar unha vida máis activa.


Nove mil usuarios utilizaron a Pía do Loureiro o pasado verán

Nove mil usuarios utilizaron a Pía do Loureiro o pasado verán

23/09/2019

- A piscina, xestionada pola concellería de Deportes, pechou as súas portas o pasado domingo 15 de setembro batindo record de asistencia desde que fai catro anos  o goberno local decidise abrila ao público en periodo estival asumindo os gastos de mantemento e do persoal socorrista.

Deportes potencia o Triatlón de adultos en Sada

Deportes potencia o Triatlón de adultos en Sada

23/09/2019

A concellaría de deportes colabora na difusión da nova tempada de Tríatlon para adultos

Tras terminar o verán comeza unha nova tempada no Trisada cun único obxectivo por diante: ADESTRARTE. Queremos que aprendas, que mellores, que te atopes en mellor forma física e sobre todo? que goces. Buscamos que te poidas superar a ti mesmo neste gran deporte e por iso, este ano, anímate a probar cos nosos adestramentos presenciais en Sada. A que esperas!

A piscina municipal abre de novo logo do remate dos traballos de cambio de climatizadora

A piscina municipal abre de novo logo do remate dos traballos de cambio de climatizadora

12/09/2019

Logo de rematar os traballos de cambio de maquinaria da climatizadora da instalación que obrigaron a pechar durante uns días a piscina municipal abre de novo no seu horario habitual.

Sada 12 setembro 2019.

SADA SEDE DA XXVI REGATA DE CRUCEIROS PARA DOUS TRIPULANTES E SOLITARIOS

SADA SEDE DA XXVI REGATA DE CRUCEIROS PARA DOUS TRIPULANTES E SOLITARIOS

11/09/2019

-A proba, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de setembro na ría de Sada, conmemora o quinto centenario da primeira “Circunnavegación do mundo Magallanes-Elcano”.

MARCHA SOLIDARIA PARA VISIBILIZAR E CONCIENCIAR SOBRE O TDAH

MARCHA SOLIDARIA PARA VISIBILIZAR E CONCIENCIAR SOBRE O TDAH

09/09/2019

A concellería de Educación e Deporte colabora coa Fundación Ingada na V Edición do "Camino de la Diversidad" que terá lugar o sábado 12 de outubro.

Dentro das accións de colaboración da concellería de Educación e Deportes con distintas asociacións e organismos e como paso previo ao convenio de colaboración coa Fundación Ingada o departamento municipal colabora coa celebración do "Camino de la Diversidad", unha marcha solidaria para visibilizar e concienciar á poboación sobre o TDAH e os trastornos asociados, así como da diversidade funcional en xeral.

Sada será a sede do XII Campionato de España de Milla en Ruta Absoluto e Máster

Sada será a sede do XII Campionato de España de Milla en Ruta Absoluto e Máster

06/09/2019

-O próximo mes de abril de 2020, Sada converterase na capital do atletismo nacional posto que foi a cidade elixida para albergar o XII Campionato de España de Milla en Ruta máster e élite.

IX Carreira da Auga Unicef - Sada

IX Carreira da Auga Unicef - Sada

03/09/2019

O Club Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan a IX Carreira da Auga UNICEF o vindeiro domingo 29 de setembro no Paseo Marítimo onde o total do recaudado por las inscricións será doado a UNICEF