Educación e Deporte...

AXENDA

Educación e Deporte

Maria Nogareda Marzoa - Concelleira de Educación e Deporte - maria.nogareda@sada.gal  

A educación é unha das bases da nosa sociedade, a formación das novas xeracións debe de ser unha das nosas prioridades e dende a concellería de Educación e Deporte queremos ofrecer un servizo transversal das dúas áreas e traballar dende distintos ámbitos, dado que non existe mellor investimento que o que se faga co noso capital humano.

Así pois esta concellería ponse ao servizo, non só dos centros educativos colaborando activamente coas direccións dos mesmos, senón tamén coas asociacións de nais e pais e co alumnado en xeral, pois traballando de xeito coordinado poderemos optimizar esforzos e recursos, así como axudar a resolver calquera incidencia ou consulta que poida xurdir; a prioridade é traballar en equipo e o traballo en conxunto repercutirá positivamente nas novas xeracións.

Do mesmo xeito, o traballo na área de deportes debe estar en sintonía a través da colaboración activa de todos os clubes do municipio e traballaremos para continuar facilitando as actividades deportivas que se realicen; somos conscientes de que o deporte non deixa de ser un importante nexo de unión interxeracional que, á súa vez, fomenta os hábitos de vida saudable, a creación de disciplinas de traballo e a cultura do esforzo, valores importantes que se deben adquirir na infancia pero que se continúan a desenvolver na vida adulta así como nos axudan a levar unha vida máis activa.


VOLUNTARIADO COVID-19

VOLUNTARIADO COVID-19

17/03/2020

Desde o Concello de Sada poñemos a disposición de todas as persoas un formulario para que, se fose necesario, dotar dun servizo de VOLUNTARIADO ao municipio.

O pasado sábado o Concello de Sada puxo en marcha este servizo ao que xa están anotados/as máis de 30 veciños e veciñas do municipìo aos que desde o goberno local agradécelles a súa determinación.

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

16/03/2020

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DO 16/03/2020 SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

Mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, decretouse o Estado de Alarma polo Goberno de España para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio.

COMUNICADO CONCELLO DE SADA - SÁBADO 14 DE MARZO 20:30 HORAS

COMUNICADO CONCELLO DE SADA - SÁBADO 14 DE MARZO 20:30 HORAS

14/03/2020

O Goberno de Sada, reunido na tarde de hoxe, seguindo as instruccións do borrador do Real Decreto polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, quere informar á cidadanía do seguinte:

BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

13/03/2020

 

Bando da Alcaldía de Sada 13 marzo 2020 - 13:30 horas

ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

13/03/2020

A Xunta de Galicia ordena o peche de todos os bares de la comunidad, así como restaurantes e lugares de ocio como cines e teatros.

Sada 13 marzo 2020 - 20:30 

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

12/03/2020

- A suspensión afecta a actividades deportivas, culturais, de lecer, escolas municipais ou feirón pero tamén á celebración dos procesos selectivos.

-O concello instalará ademáis dispensadores de xel hidroalcohólico en dependencias municipais e Casas do Pobo e difundirá información visual sobre o protocolo do COVID-19

SADA PROGRAMA CONCILIANDO NO ENTROIDO 2020

SADA PROGRAMA CONCILIANDO NO ENTROIDO 2020

20/02/2020

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada organiza a actividade gratuita CONCILIANDO NO ENTROIDO para empadroadas/os en Sada nadas/os entre os anos 2008 e 2016 (ambos inclusive)