Paola Mondaca Gónzalez
Concelleira de Cultura
Paola Mondaca Gónzalez
Concelleira de Cultura
17/01/2021
Todo xira arredor de Isaac Diaz Pardo no novo espazo. O artista local Javier Bermudez transformou o exterior do edificio cunha homenaxe ao intelectual galego no 100 aniversario do seu nacemento e o Concello de Sada opta por denominar a construcción “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac.
24/12/2020
Desde o Concello de Sada queremos celebrar a obra e a figura de Xela Arias cunha ampla programación cultural que daremos a coñecer nos próximos meses e que, tal como aconteceu este ano por mor da Covid-19, estará suxeita á evolución epidemiolóxica.
23/12/2020
A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e os criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
18/12/2020
A actividade, pensada para as familias, componse de tres rutas: a de Melchor, a de Gaspar e a de Baltasar, onde se irán sucedendo pistas a través de códigos QR, para poder contestar as preguntas que dan acceso aos agasallos que entregarán os paxes dos Reis Magos, á vez que os/as nenos/as lles entregan as cartas.
15/12/2020
A Concellaría de Cultura programa unha completa axenda de actividades para a época do Nadal con animación de rúa, Elfos Carteiros, Concerto de Nadal, cine, teatro e a visita de Papá Noel polas rúas de Sada.
15/12/2020
A peza, un divertimento de máscara larvaria pensado para a rúa, estréase este venres 18 de decembro ás 18:30 h no Auditorio Municipal-Casa da Cultura de Sada por mor dos adiamentos provocados pola Covid.
15/12/2020
Desde mañá mércores 16 de decembro ata o 16 de xaneiro, a Biblioteca Municipal ampliará o seu horario coa finalidade de favorecer a preparación dos exámenes de xaneiro, en resposta a unha demanda reiterada do estudantado, e máis nestas datas.