Alcaldía ...

Alcaldía

Oscar Benito Portela Fernández

Alcalde

Teléfono : 981620075 (ext 225)

Contacto : alcaldia@sada.gal

As novas tecnoloxías cambiaron nos últimos anos a forma na que se comunican as persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que lle permita a xente ter toda a información que xera o Concello e que a súa vez sexa unha canle para achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxestións. A xente é a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas. 

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

13/03/2020

 

Bando da Alcaldía de Sada 13 marzo 2020 - 13:30 horas

ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

ALERTA SANITARIA EN SADA POLO CORONAVIRUS

13/03/2020

A Xunta de Galicia ordena o peche de todos os bares de la comunidad, así como restaurantes e lugares de ocio como cines e teatros.

Sada 13 marzo 2020 - 20:30 

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

12/03/2020

- A suspensión afecta a actividades deportivas, culturais, de lecer, escolas municipais ou feirón pero tamén á celebración dos procesos selectivos.

-O concello instalará ademáis dispensadores de xel hidroalcohólico en dependencias municipais e Casas do Pobo e difundirá información visual sobre o protocolo do COVID-19

Sorteo público dos membros da Mesas Electorais  - Eleccións Parlamento de Galicia 5 abril 2020.

Sorteo público dos membros da Mesas Electorais - Eleccións Parlamento de Galicia 5 abril 2020.

07/03/2020

O Concello de Sada ven de convocar a sesión da Xunta de Goberno Local para realizar o sorteo público dos membros da Mesas Electorais para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril do 2020. 

ASFALTADO DA RÚA DA PRAIA

ASFALTADO DA RÚA DA PRAIA

28/02/2020

Por mor de problemas técnicos acontecidos na primeira xornada dos traballos de pavimentación das rúas Venezuela e Lagoa, que xeraron un retraso na programación prevista dos mesmos e en previsión dun empeoramento das condicións meteorolóxicas nas vindeiras horas, o Departamento de Obras e Servizos do Concello de Sada acordou pospor a realización dos traballos de asfaltado que se reanudaran tan axiña como a meteoroloxía permita executarlos nas condicións axeitadas para así obtermos un resultado óptimo dos mesmos.

Sada tilda de boa noticia a consecución do convenio para prever inundacións na desembocadura do Río Maior

Sada tilda de boa noticia a consecución do convenio para prever inundacións na desembocadura do Río Maior

20/02/2020

- O alcalde de Sada lembra que esta “é unha actuación que o Concello de Sada ven reclamando á Xunta de Galicia desde maio de 2016”.

 -O convenio entre as tres administracións, impulsado polo Concello de Sada, servirá para realizar obras de prevención de inundacións na desembocadura do Río Maior cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA EDUCANDO NA BIOSFERA 2020

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA EDUCANDO NA BIOSFERA 2020

14/02/2020

Esta mañá tivo lugar a presentación do programa Educando na Biosfera 2020 no Salón de Plenos do Concello de Sada coa presenza do vicepresidente da Reserva da Biosfera, Cesar  Longo, o alcalde de Sada, Benito Portela, a concelleira de Educación, María Nogareda, e as directoras e directores dos centros educativos do municipio.

As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

11/02/2020

O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sada e agradece a todas as persoas, asociacións e entidades o traballo realizado nestes anos para que As Brañas acadase a declaración de ENIL”.