Alcaldía ...

AXENDA

Alcaldía

Oscar Benito Portela Fernández

Alcalde

Teléfono : 981620075 (ext 225)

Contacto : alcaldia@sada.gal

As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas. 

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


Bando Informativo Milla de San Roque

Bando Informativo Milla de San Roque

14/08/2019

Con motivo da celebración o vindeiro domingo 18 de agosto da IX Milla de San Roque o alcalde de Sada ven de publicar un Bando Informativo indicando as recomendacións en materia de tráfico 

FESTAS DE SADA 2019

FESTAS DE SADA 2019

07/08/2019

FESTAS DE AGOSTO SADA 2019

Descarga o Libro das Festas de Sada 2019

Memoria de Sada mostra na Capela de San Roque centos de fotografías da vida do municipio

Memoria de Sada mostra na Capela de San Roque centos de fotografías da vida do municipio

02/08/2019

Do 1 ao 31 de agosto de 2019 estarán expostas na Capela de San Roque unha selección de 300 fotografías do arquivo fotográfico Memoria de Sada.

A exposición pode visitarse de luns a sábado (10:30 a 13:30 e 18:00 a 21:00) e domingos e festivos (18:00 a 21:00).

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA DE VILALBA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA DE VILALBA

23/07/2019

SADA MOSTRA A SÚA REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA DE VILALBA  E CONVOCA A CIDADANÍA Á CONCENTRACIÓN QUE TERÁ LUGAR O MARTES 23 DE XULLO ÁS 20:00 NA PRAZA DE SAN ROQUE.

Feira Modernista de Sada 2019

Feira Modernista de Sada 2019

20/07/2019

O fin de semana do 26 ao 28 concentra toda a programación da VIII Feira Modernista  que inclúe concertos, cinema, maxia, danza, picnic, mercado, teatro, obradoiros, cabaret, globo de papel, xogos tradicionais, organeta, monicreques, fotógrafo e mesmo un paseo en autobús modernista. Como adianto, o mércores 24 ás 21:00 na Casa dá Cultura Pintor Llórnes prográmase o concerto “Os Sons Esquecidos” do artista Abrahan Cupeiro onde se mesturan instrumentos de épocas pretéritas cunha orquestra moderna.

Sada esixe á Xunta de Galicia máis persoal para cubrir os servizos sanitarios da localidade e unha segunda ambulancia de urxencias.

Sada esixe á Xunta de Galicia máis persoal para cubrir os servizos sanitarios da localidade e unha segunda ambulancia de urxencias.

19/07/2019

-O Concello de Sada enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almunia, onde lle indica as carencias de persoal do PAC de Sada que provoca “agardas minimas de 15 días para acceder a unha cita, que non sempre pode ter ese periodo de espera”.

Sada habilita 3.200 metros cadrados de aparcadoiro gratuito no centro urbano.

Sada habilita 3.200 metros cadrados de aparcadoiro gratuito no centro urbano.

13/07/2019

-O alcalde de Sada conveniou coas propietarias a cesión de duas parcelas na avenida Isaac Díaz Pardo, fronte ao Pavillón Polideportivo, nas que se realizaron traballos acondicionamento para habilitalas como aparcadoiro gratuito.