Oscar Benito Portela Fernández
Alcalde
Teléfono: 981620075 (ext 225)
Contacto: alcaldia@sada.gal
As novas tecnoloxías cambiaron nos últimos anos a forma na que se comunican as persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil que lle permita á xente ter toda a información que xera o Concello e que, á súa vez, sexa unha canle para achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxestións. A xente é a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.
Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno. A web é unha ferramenta importante de comunicación e convídovos a empregala.