Avisos...

AXENDA

Avisos


Sada adxudica as obras de instalación de novos servizos e pavimentación de Praciña do Conde.

Sada adxudica as obras de instalación de novos servizos e pavimentación de Praciña do Conde.

21/09/2018

-A Xunta de Goberno Local adxudicou a actuación en Praciña do Conde á empresa SYR-AMG S.L.U. en 76.668€

@salto@

SADA EDUCA 2018-2019

SADA EDUCA 2018-2019

20/09/2018

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde programa unha nova edición do SADA EDUCA. Desde esta páxina podes descargar toda a información, folletos e follas de inscrición para participar no programa para o curso 2018-2019. Ademáis tamén podes realizar a inscrición online. 

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

20/09/2018

A concellería de Deportes organiza en colaboración cós clubes deportivos de Sada as Escolas deportivas Municipais para o curso 2018-2019 que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en xuño de 2019. Díptico informativo

Sada aproba a contratación da obra de pavimentación e mellora de instalacións da rúa Ponte

Sada aproba a contratación da obra de pavimentación e mellora de instalacións da rúa Ponte

20/09/2018

-O proxecto contempla actuacións de mellora de pavimento, a substitución dos pozos de rexistro de augas residuais, a construción dun pozo de rexistro para acceso á canle de pluviais, a substitución e inclusión de válvulas de corte xeral en tramos co obxecto de poder sectorizar en caso de avarías e finalmente a instalación de canalización subterránea para a iluminación pública así como a nova canalización de subministración e distribución de enerxía eléctrica ou telecomunicacións.

CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO.

CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO.

18/09/2018

Actualizado a 18 setembro 2018

As presentes bases rexerán a selección polo polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dun posto de técnica/o de turismo que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

17/09/2018

11/09/2018 - LISTADO DEFINITIVO MATRICULACIÓN EMMS. 2018-2019

31/08/2018 - ANUNCIO PRAZO EXTRAORDINARIO MATRICULACIÓN EMM CURSO 2018-2019

Sada comeza a reforma as dúas marxes da avenida República Argentina

Sada comeza a reforma as dúas marxes da avenida República Argentina

17/09/2018

O Concello de Sada xa comezou as obras de pavimentación beirarrúa e mellora de servizos afectados no tramo esquerdo da Avda. República Arxentina e a semana que ven adxudicará as obras do marxe dereito da avenida que comezarán cando rematen as obras actuais.

CERVEFEIRA ARTESÁ DE SADA 2018

CERVEFEIRA ARTESÁ DE SADA 2018

17/09/2018

Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro volve a Cervefeira Artesá de Sada organizada pola Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente

O concello de Sada programa actividades para toda a familia nunha feira onde ademais de contar con máis de 30 tipos diferentes de Cervexas artesás galegas, por primeira vez en España contarase cunha cata e análise sensorial aplicada a cervexa en tempo real a cargo da empresa TasteLab. Asemade, encontrarás gastronomía, música, xogos tradicionais para todas as idades, a cargo de Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, e tamén unha Exhibición e talleres de Rugby a sete a cargo do CD Zalaeta Rugby.