Avisos...

AXENDA

Avisos


II Certame de Escaparates “O Moderniño”

II Certame de Escaparates “O Moderniño”

14/06/2018

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca este concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar o esforzo e a decoración dos escaparates da VII Feira Modernista de Sada e promover as ventas do comercio local. Este certame estará dirixido a todos os establecementos comerciais de Sada, calquera que sexa a súa actividade comercial.

MESTURA SHOPPING 2018

MESTURA SHOPPING 2018

11/06/2018

NORMAS DE PARTICIPACION NA FEIRA DE COMERCIO MESTURA SHOPPING 2018 - CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, TURISMO E MEDIO AMBIENTE

Bases de participación

SENDEREANDO POR A CAPELADA

SENDEREANDO POR A CAPELADA

04/06/2018

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde programa para o vindeiro 10 de xuño un roteiro Camiño a San Andrés de Teixido en A Capelada (Cedeira)

Listaxe Sendereando A Capelada

Sada acolle o Festival ELAS SON ARTISTAS co concerto de Nastasia Zürcher e a presentación do vídeo ELAS

Sada acolle o Festival ELAS SON ARTISTAS co concerto de Nastasia Zürcher e a presentación do vídeo ELAS

31/05/2018

-O vindeiro sábado 2 de xuño ás 18:00 horas, no edificio de A Terraza, terá lugar o concerto da artista galego-suiza, Nastasia Zürcher, e a presentación do video "ELAS", traballo audiovisual dirixido por Lorena Suarez do GRUPO ESPERTO coa colaboración da área de Benestar e Igualdade e onde participaron máis de 20 mulleres artistas de Sada.

ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

29/05/2018

Dende o Instituto de ​Estudos do Territorio da Xunta de Galicia Informan sobre o PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA para a elaboración da ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA, e en concreto, convidan ás persoas interesadas a asistir o venres 1 de xuño ás 18:00h no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Castelo de Santa Cruz, Illa Santa Cruz, s/n, OLEIROS) ao encontro de participación cidadá para as comarcas de Mariñas-Betanzos.

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

24/05/2018

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta Concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta de Escolas de Verán 2018. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses

O mercado de Sada sorteará o sábado 50 quilogramos de mexillóns.

O mercado de Sada sorteará o sábado 50 quilogramos de mexillóns.

24/05/2018

-A praza de abastos de Sada participa, un ano máis, na campaña internacional “Quere o teu mercado” cun sorteo de 50 quilogramos de mexillóns.

@salto@