CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN
16/04/2021
ACTUALIZADO A 24/02/2020 -Modificación do tribunal e desenvolvemento do 1º exercicio do PS
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.
PREMIOS BOOKSTAGRAMERS SADA 2021
15/04/2021
CONCURSO DE VÍDEOS DE RECOMENDACIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA RAMÓN SUÁREZ PICALLO DE SADA
BASES PREMIOS BOOKSTAGRAMERS 2021
Sada crea o Catálogo de Artistas locais
13/04/2021
O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, pon a disposición de todas aquelas persoas do municipio que traballen nas artes escénicas, danza, escultura, música, literatura, fotografía ou calquera outra disciplina artística, o Catálogo de Artistas co obxectivo de recoller información do noso tecido artístico, potencialo e poñelo en valor.
CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS
12/04/2021
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de operario; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020.
PROGRAMACIÓN DE ACTOS EN SADA POLO DÍA DO LIBRO 2021
09/04/2021
O vindeiro venres 23 de abril celébrase o Día do Libro e desde a concellaría de Cultura prográmanse diversas actividades durante todo este mes para fomentar a lectura, a escrita, aos nosos e nosas escritoras e render homenaxe a escritores que faleceron nesta data.
CONVOCATORIA PS BOLSA EMPREGO POSTOS DE TRABALLADOR/A SOCIAL
08/04/2021
Proceso selectivo para a formación dunha BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE FUNCIONARIOS DE TRABALLADOR/A SOCIAL.
IMPORTANTE: O prazo de presentación de instancias comezá o día 9-4-2021 e remata o 15-4-2021. Para presentar a instancia a través da sede electrónica, haberá que empregar o trámites solicitude xeral, e a este achegarlle a instancia de participación e resto de documentación esixida.
Mostraxe de lixos mariños na praia de Morazón
07/04/2021
Cruz Vermella Sada e a concellería de Medio Ambiente convocan á cidadanía este sábado 10 de abril ás 10h na entrada da praia de Morazón para realizar unha actividade ambiental de mostraxe de lixo mariño.
CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO DE AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC)
30/03/2021
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de axente da tecnoloxía da información e da comunicación.