
A Concellería de Cultura organiza as FESTAS DO NADAL do 5 de decembro ao 5 de xaneiro. Un mes cheo de actividades e ilusión para vivir en familia
PROGRAMA FESTAS NADAL SADA 2025
VENRES 5: ACENDIDO DA DECORACIÓN DE NADAL DENDE A PRAZA DE SAN ROQUE CON CARÁCTER SOLIDARIO
As familias interesadas en participar no evento deberán facer entrega de alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene que serán doados a Cáritas e Cruz Vermella. A tal efecto situaremos unha carpa na praza San Roque entre as 17 e as 20 horas. As familias asistentes recibirán rifas para participar tanto no sorteo do acendido como no do resto de agasallos.
A actividade, que estará amenizada durante toda a tarde polos djs de Ayman Collective, incluirá un espectáculo musical en directo no que non faltarán os grandes éxitos navideños a cargo do inigualable talento de Paty Lesta & the Hits.
Sobre as 20 horas dará comezo o sorteo de agasallos no que se fará entrega dun total de 4 cheques para mercar xoguetes, libros ou material escolar xunto con algunha sorpresiña máis. A quinta e última rifa sacada da urna permitirá a unha familia subir ao escenario para, tras unha emocionante conta atrás, premer o botón co que se inaugurará o alumeado navideño, espallando así o Nadal por todas as rúas de Sada. Ademais dun grato recordo, levará tamén unha fabulosa Playstation 5 para gozar de moitas horas de lecer.
Os/as asistentes serán convidados a chocolate con churros durante o espectáculo, que contará tamén con ambientación musical e animación polas rúas máis comerciais de Sada.
SÁBADO 6: CONCERTO FIN DE TEMPADA CON “LOS PLATINOS”
Ás 19:30 horas na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo
SÁBADO 13: TEATRO COA COMPAÑÍA “CAJÓN DE SASTRE”
Representación da obra “¡De sastre!” ás 19:00 na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo
DOMINGO 14: TEATRO COA COMPAÑÍA “TEATRO ARTESÁN”
Representación da obra “La importancia de llamarse Ernesto” ás 19:00 na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo
MARTES 16: TEATRO CO GRUPO XUVENIL DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
Representación da obra “Queridos Monstruos… ¡Feliz Navidad!” ás 17:30 na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo
VENRES 19: ELFOS NA RÚA
Unha comitiva de Elfos percorrerá as rúas comerciais de coentro de Sada atendendo ás nenas e nenos coas súas peticións para Papa Noel
SÁBADO 20: CONCERTO DE NADAL DA BANDA MUNICIPAL DE SADA
Ás 19:30 horas na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo
SÁBADO 20: FESTA INFANTIL SOLIDARIA NO PAVILLÓN MUNICIPAL
Gran festa infantil de Nadal entre as 17 e as 20 horas con carácter solidario. Música, animación, xogos e inchables. Merenda de balde para os nenos e nenas. En estreita colaboración coa ANPA Mosteirón e a ANPA Sada y sus Contornos.
Atoparedes xogos de grande formato, inchables para pequenos e para os que xa non son tan pequenos, animación musical e obradoiros de manualidades. Os máis rezagados terán a oportunidade de entregar alí mesmo a carta cos agasallos desexados a Papá Noel, quen virá dende a súa casa en Laponia a pasar a tarde con todos nós.
A media tarde, a rapazada será convidada a merendar para repoñer forzas e así chegar en plenitude ao momento estelar da noite que terá lugar sobre as 20 horas, o espectacular sorteo de agasallos entre os que se atopa unha fabulosa cesta de Nadal, vales para mercar xoguetes, libros e material escolar, un xigantesco televisor de 50”, unha
tablet de última xeración, un fantástico teléfono móbil, un patinete eléctrico ou o último modelo da consola portátil de Nintendo, a desexadísima Nintendo Switch 2.
Prégase aos asistentes que aporten alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene para colaborar con Cáritas e Cruz Vermella.
LUNS 22: PETER PUNK PALLASO “UN NADAL CHUNGO QUE TE CAGAS”
Auditorio Casa da Cultura ás 18:30. Entrada libre ata completar aforo
LUNS 22 e MARTES 23: TREN DO NADAL
Paseos de balde no Tren do Nadal polas rúas de Sada. Saídas periódicas dende a Praza de San Roque de 11 a 13 e de 16 a 20 horas.
VENRES 26: “CLÁSICOS MUSICAIS DISNEY” CON LESUITEBAND
Espectáculo musical familiar no auditorio da Casa da Cultura ás 19 horas. Entrada libre ata completar aforo
DOMINGO 28: “ROCK AND MAGIC” CO MAGO TETO
Fantástico show de maxia e música para toda a familia. No auditorio da Casa da Cultura ás 19 horas. Entrada libre ata completar aforo
VENRES 2 XANEIRO: PAXES REAIS NA RÚA
Unha comitiva de Paxes Reais percorrerá as rúas comerciais do centro de Sada atendendo ás nenas e nenos coas súas peticións para os Reis Magos
VENRES 2 XANEIRO: “AS VOGAIS DO GALEGO” COA GRAMOLA GOMINOLA
Espectáculo musical infantil. No auditorio da Casa da Cultura ás 18:30 horas. Entrada libre ata completar aforo
DOMINGO 4 XANEIRO: CONCERTO DE ANINOVO CON CORO CANTABILE
Concerto de benvida ao ano 2026 a cargo do coro infantil e xuvenil “Coro Cantabile”. No auditorio da Casa da Cultura ás 19 horas. Entrada libre ata completar aforo
LUNS 5 XANEIRO: CABALGATA DE REIS
Cabalgata cos Reis Magos de Oriente. Recepción coas súas Maxestades na Casa da Cultura ao terminar o percorrido.
Saída da lonxa ás 18h co seguinte percorrido: Avda. do Porto - Avda. da Mariña - Rúa Venezuela - Rúa Bergondo - Rúa Pontedeume - Rúa Oza dos Ríos - Praza da Igrexa Nova - Avda. Barrié de la Maza - Rúa Linares Rivas - Rúa Venezuela - Avda. da Mariña e chegada á Casa da Cultura sobre as 19:30