Exposicións ata fin de ano

15 / SEP / 2021

Exposicións ata fin de ano

Exposicións na Capela de San Roque e na Casa da Cultura Pintor Lloréns ata decembro 2021.

Folleto informativo

SETEMBRO

Capela de San Roque

"Pinceladas de aquí e do alén". Dosinda Alonso Pájaro, José RamónGómez Sánchez e Julian Liñares .

CASA DA CULTURA

"Sada, un espazo para crear cara ao mar". Unha pequena mostra dotraballos das monitoras pertencentes a Asociación cultural Xentes deSada. Tapices Galicia, Zeltia Ao Aire, Pili Damacris e Damariña.

 

OUTUBRO

Capela de San Roque e Casa da Cultura

"Somos Mar II" Mar de Mares produce a segunda edición dunhamostra artística, Somos Mar, que tivo lugar por primeira vez en 2015. Artistas galegos ou residentes en Galicia ofrécennos a súa visión doocéano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo,escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadasespecificamente para a oitava edición do Festival, mostrarannos ainfluencia do mar na arte do noso tempo. A mostra estarácomplementada con encontros cos artistas.

 

NOVEMBRO

Capela de San Roque_

Exposición a cargo do Grupo Cultural Esperto.

 

DECEMBRO

Capela de San Roque_

"Carmen Arias de Castro Montero, Mimina, Compañeira de vida"Mimina, como era coñecida a muller de Isaac Díaz Pardo, foid esde os inicios da súa relación, peza clave no nascemento de Cerámicas do Castro e todo o entramado cultural que supuxo Sargadelos, renunciando desta maneira á súa propia carreira artística.

O Concello de Sada quere conmemorar o centenario do seunacemento como figura senlleira e fundamental na historia da Galiza do século XX e Filla adoptiva de Sada a través desta mostra que repasa a súa traxectoria vital e reúne parte do seu universo creativo: acuarelas, xoias, debuxos,…

 

Horarios:

Capela de San Roque:  de martes a sábado de10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

Casa da Cultura Pintor Lloréns: de luns a venres: de 8:00-14:00 e de 16:00 a 20:00

Arquivado en