EXPOSICIÓN: A SAIA RAÍÑA

02 / MAI / 2022

EXPOSICIÓN: A SAIA RAÍÑA

A Capela de San Roque acolle durante o mes de maio a exposición A SAIA RAÍÑA, de unha mostraxe audiovisual de testemuñas das mulleres galegas que continúan enloitadas no século XXI.

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN

A Exposición A SAIA RAÍÑA presenta unha mostraxe audiovisual de testemuñas das mulleres galegas que continúan enloitadas no século XXI. Como sinala a súa autora e realizadora “non é unha exposición de fotografías nin unha video exposición, ainda que se exponen FOTOGRAFÍAS, CONVERSAS DE AUDIO e se proxecta unha montaxe audiovisual . É o que Rita Más define como unha EXPOSICIÓN DE TESTEMUÑAS de mulleres galegas falando da súa experiencia cara o loito.

As protagonistas destas imaxes falan das súas vivencias dende nenas. Son mulleres que por costume social, imposición moral o crenza relixiosa tiveron que gardar loito temporalmente, e tamén durante toda a súa vida. Son poucas xa actualmente as mulleres que aínda visten de negro e non asisten ás festas, romarías e outras manifestacións onde o loito deixaba exluidas ás mulleres. O loito como fenómeno social colectivo está a piques de desaparecer.

As grabacións foron recollidas percorrendo as nosas aldeas, Sada incluida, e cidades, pasando por A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, do ano 2006 ao 2018

“Damos voz a quen non fora escoitada e que mantivo ao noso lado un costume que alomenos desvela novamente a desigualdade entre homes e mulleres, tanto no acceso e a participación social, como no estatus e no dereito de manifestar os seus sentimentos”.

Rita Más resume a súa exposición de testemuñas con estas palabras: “o duelo axuda a superar a ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender cómo as avoas, as tías, as irmás e as nais galegas, eran criticadas cando rompían o costume para poder exercer a libertade de elixir a cor das súas vidas”.

 

María Rita Máis Ybañez

Actualmente traballa como directora de arte en axencia de comunicación. Comisaria e autora da exposición itinerante A SAIA RAÍÑA  . Relator de conferencias en diferentes centros culturais e universidade.  

Estuda Cerámica e volume en Madrid. Escultura en pedra na Universidade Popular de Vigo. Foi alumna bolseira en cerámica  artística da Escola superior Pablo Picasso.  

Cursa Cómic Live (Fundación Luís Seoane)  Curso de Cinema Fritz Lang "A seguridade do sonámbulo" (Universidade internacional Manéndez Pelayo) .

Analizar o Cinema e non morrer no intento. Curso Imanol Zumalde (Universidade País Vasco)

Antropoloxía Visual . Círculo de Belas artes . Madrid 2017

Actualidade é estudante de ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL na UNED

Premio literarios Juan Gris (Madrid). Padroado teatro. Murcia. 

Premio Literario Banco de Galicia. Carta de Ouro Madrid.

Delegación de Cultura Ministerio de Cultura. Casa do Libro. Diferentes recoñecementos en certames de poesía e narrativa .

Finalista OEPLI literatura infantil. 

Primeiro Premio Fotografa de Entroidos Cadea Ibérica. 

Premio Internacional NOMA ilustración e texto. Rita Máis e Enríquez Reyes. 

Premio Foto Poema e Instación permanente poema mural en Parede A Coruña ( Carballo) 2016 - 2017

Premio nacional de poesía Jaime Gil de Biedma. La Nava Segovia 2018 

Gañadora Concurso deseño imaxe 8 marzo Igualdade Concello de Vigo 2019

 

Arquivado en