Expedición do DNI en Sada o 24 de novembro

01 / OUT / 2021

Expedición do DNI en Sada o 24 de novembro

Inscrición para expedición del DNIe en Sada a partir do vernes 1 de outubro

O mércores 24 de novembro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo de 50 solicitudes.

A inscrición deberá realizarse no rexistro do Concello de Sada (con cita previa) a partir do venres 1 de outubro ou chamando ao 981 620 075, Ext: 255 . A fin de organizar este servizo as persoas interesadas deberán aportar na inscrición nome, apellidos, DNI e número de teléfono para contactar no caso de que exista algún imprevisto.

O acceso o día da expedición do DNIe deberá realizarse coas correspondentes medidas de seguridade (mascarilla, uso de xel hidroalcohólico). Ademáis só poderá acceder a persoa que realiza o trámite (salvo casos de menores ou persoas dependentes)

Arquivado en