A inscrición comeza o xoves 1 de setembro
O xoves 20 e o venres 21 de outubro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo diario de 50 solicitudes. O lugar de expedición será a Casa da Cultura Pintor Lloréns
A inscrición deberá realizarse no rexistro do Concello de Sada a partir do xoves 1 de setembro ou chamando ao 981 620 075, Ext: 255 . A fin de organizar este servizo as persoas interesadas deberán aportar na inscrición nome, apellidos, DNI e número de teléfono para contactar no caso de que exista algún imprevisto.
O acceso o día da expedición do DNIe deberá realizarse coas correspondentes medidas de seguridade. Ademáis só poderá acceder a persoa que realiza o trámite (salvo casos de menores ou persoas dependentes)