ESPECTÁCULO INFANTIL: MONSTROS

14 / FEB / 2025

ESPECTÁCULO INFANTIL: MONSTROS

A Concellería de Cultura programa MONSTROS unha obra para público infnatil e familiar que terá lugar o venres 14 de febreiro ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

ENTRADAS 3,5€ Á VENTA O LUNS 3 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 9:30 HORAS.

Monstros é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexón ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos de outras persoas? Monstros é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstrosidades. 

Monstros é un espectáculo orientado para público familiar cun elenco de primeira. Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Un espazo escénico composto por un tendedeiro a gran escala e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes mais sinistros.

Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max teñen o plan perfecto para loitar contra unha tarde de aburrimento: irán ata a Casa das Pantasmas que hai case na saída da vila. É un lugar marcado por historias aterradoras, onde se di que paran absolutamente todos os seres terrorífícos: dende o vampiro de Lalín ata unha misteriosa serie de pantasmas. Pero non é tan sinxelo chegar ata alí. Para comezar teñen que rescatar a Clo do seu castigo e despois pasar por varios perigos, como a ponte podre que cruza o río, a do malvado Catavís que garda o can Sultán... e o máis importante: entrar na casa, que semella pechada e ben pechada. Un momento! Parece que hai un furadiño na porta polo que poden botar unha ollada... que haberá dentro?

Arquivado en