Escola Municipal de Teatro Curso 2021-22

13 / SEP / 2021

Escola Municipal de Teatro  Curso 2021-22

 A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.

LISTAXE  SOLICITANTES CON PRAZA E SOLICITANTES EN  LISTAXE DE AGARDA

DECRETO BASES EMT 2021-2022

FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN LIÑA

 

Destinatarios/as.

A Escola de Teatro está dirixida a alumnado a partir de 8 anos.

Participantes derivados dos Servizos Sociais :

No caso de participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, pode ser reservada 1 praza en cada grupo (no caso dos menores de idade), previo informe favorable dos/as técnicos/as. Ditas prazas serán cubertas por adxudicación directa dende o momento en que a Concellaría reciba o informe preceptivo. Esta adxudicación directa pode vir asociada ou non a unha exención do pago das cotas, segundo se estableza no informe técnico.

 

Temporalización e lugar de realización.

A programación da Escola de Teatro 2020-2021 comezará o martes 5 de outubro e finalizará o martes 14 de xuño de 2021.

Non haberá clases nas seguintes datas:

  • Nadal: 28 de decembro e 4 de xaneiro
  • Entroido: 1 de marzo
  • Semana Santa: 12 abril
  • Días festivos locais, autonómicos ou nacionais

Ubicación da Escola de Teatro: Auditorio Casa da Cultura “Pintor Lloréns”

 

Preinscrición para participar na Escola de Teatro

O alumnado inscrito en anos anteriores deberá realizar e presentar igualmente a documentación requerida. Non existe reserva de praza si participou na Escola en anos anteriores.

O alumnado deberá formalizar a inscrición das actividades a través formulario en liña

 

Prazos

O prazo ordinario de preinscrición será dende a súa publicación na web municipal até o 12 de setembro.

O sorteo (en caso de máis solitudes que prazas) e a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda, será o 13 de setembro.

A formalización definitiva da preinscrición para as persoas que teñan praza será mediante a presentación do xustificante de pagamento no prazo do 13 ao 19 de setembro (ambos inclusive) escaneado ao correo omixsada@gmail.com. No caso de aplicar desconto no pagamento, deberase axuntar copia do documento que o acredite.

A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.

Prazo extraordinario de pagamento para persoas en listaxe de agarda e novo alumnado solicitante: a partir do 27 de setembro e en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada grupo.

 

Grupos, horarios e sorteo

Para que as actividades se podan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes por grupo de idade ofertado no momento da preinscrición.

Ofértanse 2 grupos por idade:

  • Grupo infantil-xuvenil: de 8 a 15 anos (15 prazas). Martes de 16.30 a 18.30h
  • Grupo adultos: a partir de 16 anos (15 prazas). Martes de 19.30 a 21.30h

En función das condicións sanitarias vixentes, os horarios e duración das clases poderán ser modificadas, así como o número de persoas que integran cada grupo.

 

Prezos e períodos de pagamento:

Os prezos de aplicación para os/as participantes na Escola Municipal de Teatro, serán os que se establezan no informe de prezo público correspondente.

O pago do curso dividirase en dúas cuotas, quedando da seguinte forma:

Pago da 1ª cota (do 13 ao 19 de setembro) correspondente ao periodo outubro 2021-xaneiro 2022

  • Menores: 40€
  • Adultos: 48€

Pago da 2ª cota (do 13 ao 19 de xaneiro) correspondente ao periodo febreiro-xuño 2022.

  • Menores: 50€
  • Adultos: 60€

Unha vez realizado o pagamento deberá axuntar copia do mesmo ao correo omixsada@gmail.com

Nota: No caso de alumnado que se incorpore ao longo do curso e que dispoña de praza, deberá realizar o ingreso da parte proporcional dos meses restantes

 

Descontos

50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.).

 

Baixa na actividade

Para cursar baixa na actividade, o/a interesado/a deberá comunicalo por escrito entre o 1 e o 15 do mes anterior ao que se desexa causar baixa. De non tramitalo antes desa data, constará como participante de alta.

Non se considerará baixa na actividade si o/a alumno/a lle comunica de palabra ao docente que non vai seguir asistindo ao curso.

A baixa na actividade deberá presentarse no rexistro presencial ou electrónico (á atención dos Servizos Económicos Municipais) a través dunha instancia xeral.

As baixas tramitadas en tempo e forma permitirá ao alumnado poder solicitar a devolución da parte proporcional dos meses aboados mediante petición por escrito no rexistro, axuntando a seguinte documentación: certificado de conta bancaria, xustificante de pagamento da cota, copia do DNI.

 

Normas de comportamento

A organización da Escola, non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal. Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das sesións en repetidas ocasións (previas advertencias dende a dirección da Escola), pode ser susceptible de expulsión.

 

Condicións de participación, obligación de información e consentimento informado fronte ao COVID-19:

As persoas solicitantes deberán mostrar a súa aceptación, a través da inscrición, dos seguintes puntos:

  • Condicións de participación
  • Mantemento das condicións hixiénico-sanitarias, prevención e actuación persoal.

Non se descarta que haxa modificacións no funcionamento e organización do curso escolar dependendo das condicións que marquen as autoridades sanitarias en materia de COVID-19, algo que en todo caso, será comunicado ao alumnado en todo momento

Arquivado en