Coronavirus

Toda a información acerca do coronavirus.

 Datos Coronavirus
 Datos diarios Covid en Sada

Medidas do Concello de Sada

 
Medidas adoptadas polas diferentes áreas do Goberno municipal

Obras e servizos

  • Establecemento de quendas de traballo alternas e coas debidas medidas de protección para a atención das urxencias que poidan xurdir.
  • Reforzo do servizo de limpeza viaria para a realización das tarefas de desinfección de rúas, beirarrúas, marquesiñas e lugares de tránsito elevado en todo o concello, atendendo con maior frecuencia as rúas máis transitadas e aquelas zonas de paso en establecementos de alimentación, farmacias, bancos, estancos, etc. Para a realización destes traballos, as baldeadoras existentes complementáronse cun atomizador industrial e unha sulfatadora mecánica para así obter un mellor rendemento dos traballos.
  • Servizo de limpeza viaria reforzado cos camións da demarcación de estradas que, en coordinación co Consorcio das Mariñas, atenderán as peticións feitas por cada concello.
  • Supervisión e mantemento da rede de saneamento e atención ás urxencias (atascos, verteduras, etc.).
  • Mantemento do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e de recollida de mobles e aveños (este último previa chamada ao número 981 79 55 24), incrementando a frecuencia dos traballos de desinfección de todos os contedores existentes no concello.
Deporte

Servizos sociais

  • Servizo de axuda no fogar: unha vez provisto de medios de protección ao persoal auxiliar, chamouse un por un aos/ás 105 usuarios/as para reestablecer o servizo de acordo coas necesidades actuais. Moitas persoas decidiron prescindir temporalmente deste servizo ata o remate do Estado de Alarma. Isto supón que novo usuariado en listaxe de agarda puidese incorporarse.
  • Posta en funcionamento dunha rede de voluntariado para chamar as persoas maiores de 70 anos ofrecéndolles acompañamento e en contacto continuo co Concello para coordinar posibles necesidades.
  • Axudas de alimentación: o Concello de Sada ten un convenio con Vegalsa para que os usuarios de SSSS poidan facer a compra dunha maneira normalizada nos supermercados convenidos mediante unha tarxeta que se recarga tras un informe técnico de Servizos Sociais.
  • Atención as necesidades básicas de alimentación e medicación dos maiores de Sada cos servizos da Policía e do SEM.
Saúde

  • O Concello de Sada pagará os gastos do desprazamento dos profesionais do centro sanitario ás casas dos veciños por mor dunha emerxencia médica.
  • Reparto de máscaras chegadas do Ministerio do Interior e da Xunta de Galicia ás persoas que as necesiten para asistiren ao traballo ou para o transporte público. Nos vindeiros días recibiremos outra gran partida para repartir entre o resto da poboación.
Actividades on line

  • Manter aos clubes deportivos e aos seus usuarios activos co Programa Sada en Forma onde se dispoñibilizan diariamente diferentes rutinas deportivas no Facebook do Concello.
  • As actividades ofertadas desde a Oficina da Xuventude (inglés, costura, cociña, fotografía, bolillos) seguen funcionando de forma telemática evitando así esa perda de socialización entre compañeiros/as e á vez logrando que avancen nos seus coñecementos.
  • Activación do Instagram da Biblioteca Municipal onde se emiten diariamente microcontos nos que participan vecinxs de Sada de xeito voluntario contando algún conto para xs máis peques, fomentando a participación cidadá á vez que a lectura.
  • Ademais se emiten os venres desde o Facebook do Concello, da Omix e desde o Instagram da Biblioteca os contos da Salita dos Contos e Pablísimo.
  • Proximamente: obradoiros online desde a biblioteca.
  • Sada súmase ao Festival Internacional PhotoEspaña de fotografía desde os balcóns. A 23ª edición desta cita convida os/as sadenses a inmortalizar o día a día desde as súas xanelas, terrazas e balcóns durante o confinamento.
  • O Concello de Sada, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Normalización Lingüística, animou as nenas e nenos do municipio a realizaren un debuxo con motivo do Día Internacional dos Bosques e para faceren un pouco máis animada a tarde no estado de confinamento que estamos a sufrir todos/as, “especialmente os nenos e nenas”. 
Cultura

  • Escola de Música: continuidade das clases adaptando os contidos para as clases individuais, da coral e de lenguaxe musical vía internet e o mesmo acontece nos ensaios da Banda Municipal.
  • Avaliación do alumnado en base ao traballo feito coas clases presenciales e telemáticas.
  • Banda Municipal de Música: montaxe da primeira actuación virtual dalgúns compoñentes da banda desde as súas casas.
  • Escola de Teatro: envíos semanais das actividades para que o alumnado (infantil e adulto) traballe nas súas casas, tendo ademais un seguemento dos avances, así como correccións e consultas.
  • Reprogramación das actividades suspendidas e das actividades programadas para o verán.
  • Actividades para as familias co motivo do Día do Libro.
Educación

  • Contacto permanente cos Centros Educativos para colaborar dentro do ámbito da nosa competencia e actuar ante determinados casos con algunha necesidade, e á espera das instrucións da Consellería a respecto da continuacion do curso escolar.
  • Escola Infantil Flora Ramos: rectificación de recibos do mes de marzo, sendo a mitade do dito mes o que aboará o usuariado e quedando suspendido o pagamento ata a reanudación do servizo.
Promoción económica

Administración local

  • Facilitar o traballo telemático dos/as traballadores/as e a atención ao público vía telefónica e telemática.
  • Instrucións de hixiene en todos os baños de edificios da administración ademais de envases de hidroxel.
  • Instalación de mamparas protectoras para a atención ao público.
  • Instalación de carteis informativos en todas as instalacións e oficinas municipais.
  • Distribución de xel hidroalcohólico para todas as instalacións e oficinas municipais.
  • Entrega de EPIS aos/ás traballadores/as do Concello que seguen co seu labor nos seus postos de traballo.
Facenda

Medioambiente

  • Posta en marcha dunha campaña de vixilancia de camiños e puntos de vertedura incontrolados coa finalidade de controlar estas actitudes incívicas e insolidarias.

Publicacións Organismos Públicos

 

Achegamos información dos distintos decretos e medidas tomadas polas distintas administracións, así como información complementaria do estado de alarma sanitaria pola Covid-19.

Os servizos administrativos do Concello de Sada funcionarán a porta pechada de 9 a 14 horas a partir do luns 16 de marzo. Todas as xestións deben facerse de modo telemático desde a Sede Electrónica do Concello de Sada (sede.sada.gal). En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa petición de cita telefónica, en horario de 9 a 14 horas ou chamando ao teléfono 981 620 075.

Medidas laborais, económicas e sociais

Traballo

Economía

Sociais

Viaxes e transportes

 Publicación Xunta de Galicia

Documentación institucional 

 

Teléfonos de interese

 

 

Atención Coronavirus -  881 540 045
  • Número de atención xeral para as consultas relacionadas co Coronavirus. No caso de Urxencia Sanitaria chamar ao 112.
Concello de Sada - 981 620 075
  • Horario de 09:00 a 14:00 horas. Para calquera consulta.
Servizos Sociais - 981 620 567
  • Horario de 09:00-14:00 horas. Para calquera consulta relacionada co benestar das familias ou axuda no fogar.
Policía Local - 629 572 289
  • 24 horas ao día. Para calquera consulta fóra do horario de oficina e emerxencias durante todo o día.
Servizo Emerxencias - 607 438 457
  • 24 horas ao día. Para calquera situación de emerxencia.

Preguntas e respostas sobre a COVID19

 
Xerais
Síntomas
Prevención
No domicilio
Compras
Nenos e nenas
Persoas maiores ou cunha condición de saude crónica
Urxencias médicas
Duelo
Servizos de axuda
Tolerancia e respecto

 

Actividades Virtuais do Concello de Sada

 

Actividades on line que se realizan a través das distintas canles do Concello de Sada

 

Actualidade

A exposición ‘15 anos de patrimonio marítimo’, de ...Os Patexeiros, recupera o pasado mariñeiro de Sada na capela de San Roque

20 / MAR / 2023

Pezas de barcos, ferramentas para construílos ou maquetas reúnense na mostra, que é antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto na vila 20 de marzo de 2023.

COMPARTIR EN:

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Gal...icia celebrarase do 3 ao 6 de agosto en Sada

03 / MAR / 2023

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) prevé reunir máis dun cento de embarcacións e case un milleiro de tripulantes na vila coruñesa, onde ofrecerá un variado programa cultural

COMPARTIR EN:

SADA COMERCIO 2023

01 / MAR / 2023

A Feira Sada Comercio, organizase para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da Feira que terá lugar o 4 e 5 de marzo do 2023.

COMPARTIR EN:

Cruz Vermella habilita unha stand solidario en Sad...a Comercio

01 / MAR / 2023

Recollerán alimentos non perecedeiros o sábado 4 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

COMPARTIR EN:

Subvencións para deportistas do Concello de Sada 2...022

17 / FEB / 2023

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio a os deportistas e contribuír para que acaden os seus obxectivos, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.

COMPARTIR EN:

ENTROIDO SADA 2023

09 / FEB / 2023

A Concellería de Cultura, Turismo e Comercio, organiza o Entroido 2023 con actividades para todas as idades. Desde a festa Infantil ate a XXXVII edición da Festa da Filloa, pasando por pasarrúas,, cine infantil e un gran desfile de entroido coa participación estelar dos Caretos de Podence de Portugal (manifestación do Entroido declarada Patrimonio Cultural da Humanidade) e cunha representación do "Carnaval de Tenerife", a cargo da comparsa «Los Joroperos», a máis premiada na historia do "carnaval canario".

COMPARTIR EN:

Sada asina o convenio para o desenvolvemento do pr...ograma de educación ambiental “Educando na Biosfera 2022/2023”

07 / FEB / 2023

Esta mañá celebrouse na alcaldía o acto polo que se asinou o convenio para o desenvolvemento do programa de educación ambiental “Educando na Biosfera 2022/2023”coa presenza da alcaldesa María Nogareda Marzoa; a concelleira de Servizos sociais, Saúde e Infraestruturas, María Soraya Salorio Porral; o concelleiro de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento, Sergio García López; e o Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo,  José Antonio Santiso Miramontes

COMPARTIR EN:

A CONCELLARÍA DE DEPORTES APREMA A REAPERTURA DA P...ISCINA

03 / FEB / 2023

A empresa concesionaria non atendeu un primeiro requirimento de posta a piques da instalación

COMPARTIR EN:

AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLA...R, CURSO 2022-2023

02 / FEB / 2023

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2022-2023, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

COMPARTIR EN:

Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura ...chegan a Sada cos despregamentos 4G e 5G

02 / FEB / 2023

Para garantir esta compatibilidade, LLEGA700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que chega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

COMPARTIR EN:

SADA DENUNCIA FALTA DE INFORMES DE RADIOLOXÍA

02 / FEB / 2023

A concellería de Servizos Sociais, Saúde e Infraestruturas denuncia a falta de informes por parte dos especialistas en radioloxía desde o pasado verán.

COMPARTIR EN:

SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEP...ORTIVOS.

01 / FEB / 2023

A Concellaría de Deportes, Cohesión Social e Voluntariado do Concello de Sada ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e o deporte de competición, de acordo a lexislación de réxime local e deportiva. Constitúe o obxecto das presentes bases é establecer o réxime das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos con cargo ao orzamento do Concello de Sada en réxime de concorrencia competitiva, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.conforme aos orzamentos en vigor do Concello de Sada aprobados en Sesión Ordinaria de Pleno de 07 de Abril de 2022, destinaranse 25.000€ con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS