Axudas

 

 

Actualidade

Escape Room "As Rescatadoras" na Biblio de Sada

23 / OUT / 2021

O sábado 23 de outubro ás 18:30 na Biblioteca Municipal de Sada celebramos o día das bibliotecas cun Escape Room: "As rescatadoras" con Antía Yáñez .

COMPARTIR EN:

Obradoiro en Sada con recollida de plástico para c...onvertelo nunha obra artística

15 / OUT / 2021

A artista Ana María Cabanes Fontao, que expón na Capela de San Roque dentro da exposición colectiva do Festival Mar do Mares, "Somos Mar" está a impartir o obradoiro co alumnado de 4º de primaria do CEIP Sada e Contornos.

COMPARTIR EN:

SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL D...IRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE”

11 / OUT / 2021

O obradoiro dual de emprego "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, e promovido polos Concellos de Abegondo e conveniado cos concellos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

COMPARTIR EN:

SEGUNDA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PIL

08 / OUT / 2021

A Alcaldía do Concello de Sada aprobou as seguintes convocatorias de procesos selectivos, e resultando desertos no primeiro proceso selectivo os seguintes postos, convócase novamente a súa provisión mediante Decreto n.º 1730/2021. O prazo de presentación de instancias contarase a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

COMPARTIR EN:

Samaín Sada 2021

08 / OUT / 2021

O Concello de Sada, a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica e Turismo, programa numerosas actividades para as datas do Samaín en Sada

COMPARTIR EN:

María Casares cobrará vida teatral en Sada cando s...e fan 25 anos do seu pasamento

07 / OUT / 2021

Arranca a xira de outono de ButacaZero. Volve a activarse este tren teatral coa chegada da diva María Casares, 25 anos despois da súa morte, á Casa da Cultura de Sada. A función, de título Despois das ondas, será o domingo 17 de outubro na Casa da Cultura de Sada "Pintor Lloréns", ás 20h con entradas de balde previa reserva

COMPARTIR EN:

As nenas e nenos de Sada deseñan a iluminación do ...Nadal

06 / OUT / 2021

O Concello de Sada convoca as nenas e nenos do municipio a participar no concurso infantil “Debuxa a luz do Nadal” onde deberán presentar un debuxo co seu propio adorno de luz navideño. Os elementos gañadores, convertiranse en adornos en luz por unha empresa especializada e posteriormente se instalarán nas rúas do municipio nas vindeiras festas do Nadal

COMPARTIR EN:

Expedición do DNI en Sada o 24 de novembro

01 / OUT / 2021

Inscrición para expedición del DNIe en Sada a partir do vernes 1 de outubro

COMPARTIR EN:

Sada pon en marcha un servizo de atención temperá ...dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos

01 / OUT / 2021

Entre os obxectivos do servizo está reducir os efectos de calquera déficit ou dificultade sobre o desenvolvemento do neno/a, optimizar o seu desenvolvemento, atender e cubrir as demandas da familia e da contorna no que vive o usuario ou usuaria, etc.

COMPARTIR EN:

Roteiros Saudables en Sada

30 / SEP / 2021

A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado volve a programar durante o mes de outubro os Roteiros Saudables polas distintas parroquias do termo municipal.

COMPARTIR EN:

INSCRICIÓN COMEDORES ESCOLARES

28 / SEP / 2021

O SERVIZO DE COMEDOR COMEZA O XOVES 9 DE SETEMBRO E O SERVIZO DE MADRUGADORES O VENRES 10 DE SETEMBRO

COMPARTIR EN:

Concurso Escaparates de Medo Sada 2021

28 / SEP / 2021

O Concello de Sada convoca a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS