As Brañas de Sada O noso espazo natural

16 / NOV / 2021

As Brañas de Sada O noso espazo natural

Mostra sobre As Brañas de Sada que poderá contemplarse na Casa da Cultura Pintor Lloréns do 16 ao 30 de novembro

A Delegación das mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, coa axuda económica da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Sada, organiza unha exposición de carteis sobre As Brañas de Sada, "O noso espazo natural".

Ao mesmo tempo organízase unha charla  sobre As Brañas de Sada o 26 de novembro ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada impartida por Rafael Carballeira, biólogo da USC, acompañada da proxección do documental "As Brañas de Sada, un humidal a protexer" elaborado pola SGHN-delegación das Mariñas"

Arquivado en