As Brañas de Sada

No noso concello existe unha zona húmida catalogada no Inventario de humidais de Galicia, chamada Brañas de Sada, constituíndo un Espazo Natural relevante dentro das "Mariñas Ártabras".

As zonas húmidas posúen un gran valor na conservación de especies e variedades animais e vexetais, e por tanto representan un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade, dada a súa importancia e singularidade. A conservación e recuperación das Brañas de Sada, evitando a súa deterioración ambiental, contribuirá a un notable aumento de recursos económicos e de benestar social a través da oferta dun lugar para o descanso, a educación ambiental e, en definitiva, para garantir a permanencia dun espazo natural protexido para as xeracións futuras. Para iso son necesarias medidas activas que garantan a súa conservación e recuperación, así como a súa valoración como factor sustentable no desenvolvemento económico e social de Sada.