Participación Cidadá...

AXENDA

Participación Cidadá


CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO DE AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC)

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO DE AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC)

14/01/2021

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións consideradas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, e no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de Axente da Tecnoloxía da Información e da Comunicación; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020 (BOP núm. 24, do 5-2-2020).

A Galiña Azul. Matrícula Curso 2020-2021

A Galiña Azul. Matrícula Curso 2020-2021

04/01/2021

A Escola Infantil A Galiña Azul de Sada abriu o plazo de solicitudes para o próximo curso 2020-2021. Para matricularse hai que pedir cita no teléfono da escola 981 624 001, achegando seis fotos  tamaño  carné,  fotocopia  da  cartilla  de  vacinas,  informe médico, copia  da  tarxeta  sanitaria,  certificado  bancario co nome do titular e número de conta, e os impresos que se detallan a seguir cubertos e asinados.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

23/12/2020

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Educación e Deporte, abre a convocatoria de concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral e plan estratéxico de subvencións 2020.

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

21/12/2020

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

FICHA DE CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE

Actividades de Conciliación Nadal 2020

Actividades de Conciliación Nadal 2020

19/12/2020

A Concellaría de Educación e Deporte programa diversas actividades de conciliación para o período de Nadal. O Concello de Sada pretende desta forma atender a demanda individual de lecer educativo, así como as necesidades de conciliación das familias sadenses.

Sada repartirá máscaras ás familias máis desfavorecidas do municipio

Sada repartirá máscaras ás familias máis desfavorecidas do municipio

19/12/2020

Nesta ocasión serán arredor de 9.000 (25 por familia) as unidades que se distribuirán grazas a unha nova campaña do Concello de Sada que complementa as xa desenvolvidas até a data e que especificamente está orientada ao apoio ás familias máis necesitadas.

Magos de Oriente interactivos en Sada

Magos de Oriente interactivos en Sada

18/12/2020

A actividade, pensada para as familias, componse de tres rutas: a de Melchor, a de Gaspar e a de Baltasar, onde se irán sucedendo pistas a través de códigos QR, para poder contestar as preguntas que dan acceso aos agasallos que entregarán os paxes dos Reis Magos, á vez que os/as nenos/as lles entregan as cartas.

Sada anuncia os premios do Concurso de Postais do Nadal

Sada anuncia os premios do Concurso de Postais do Nadal

17/12/2020

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego vén de dar a coñecer os/as gañadores/as do Concurso de Postais do Nadal, que busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas.