Emprego...

AXENDA

Emprego

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

30/11/2020

Sada convoca as axudas do PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA para mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica. Estas axudas están dirixidas ás persoas profesionais autónomas e ás microempresas, sustento das súas economías locais, para contribuír así á súa pronta recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico da nova era posCOVID-19.

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

30/11/2020

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

FICHA DE CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD

CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS

CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS

25/11/2020

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de operario; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020.

CONVOCATORIA POSTO DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE COMISIÓN SERVIZOS

CONVOCATORIA POSTO DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE COMISIÓN SERVIZOS

24/11/2020

O Concello de Sada convoca a provisión dun posto no Departamento de Urbanismo e Medio ambiente, código 090002 da RPT denominado: Técnico/a de administración xeral de urbanismo. Para participar na presente convocatoria será necesario ter a condición de persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao grupo A1 en situación de servizo activo, e presentar, para a toma de posesión do posto, informe previo favorable da Administración de procedencia. O posto encóntrase vacante actualmente, polo que a incorporación da persoa seleccionada terá lugar de modo inmediato. A duración da comisión de servizos será dun ano, prorrogable por tempo igual, agás interrupción polas causas legalmente establecidas ou cobertura definitiva do posto.

PROCESOS SELECTIVOS COMISIÓN SERVIZOS - UN INSPECTOR, XEFE POLICÍA LOCAL - UN POLICÍA USC

PROCESOS SELECTIVOS COMISIÓN SERVIZOS - UN INSPECTOR, XEFE POLICÍA LOCAL - UN POLICÍA USC

20/11/2020

O Concello de Sada abre convocatoria de selección de persoal, pola resolución núm. 2346/2020, do 6 de novembro, para o desempeño en Comisión de Servizos de un (1) posto de Inspector, xefe da Policía Local, e un (1) posto de Policía Unidade de Seguridade Cidadá.

Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

14/10/2020

O Concello de Sada convoca a I edición do ''Escaparates de Medo'', un concurso dirixido ao sector comercial co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.

CONTRATACIÓN DE UN POSTO DE OFICIAL DE 2ª-ALBANEL (PEL) - SEGUNDA CONVOCATORIA

CONTRATACIÓN DE UN POSTO DE OFICIAL DE 2ª-ALBANEL (PEL) - SEGUNDA CONVOCATORIA

09/10/2020

Novas convocatorias de procesos selectivos dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos da Deputación da Coruña (PEL Concellos anualidade 2020) albanel e peón-condutor, dado que da tramitación duns primeiros proceso selectivos para a contratación laboral temporal de dous postos de peón-condutor e un posto de albanel (oficial de 2ª) quedaron un posto de peón-condutor deserto ao igual que o único posto convocado de albanel, polos Decretos da Alcaldía núm. 1861 e 1860/2020, convócanse novamente procesos selectivos dos ditos postos que quedaron desertos.

CONTRATACIÓN DE UN POSTO DE PEÓN-CONDUCTOR (PEL 2020) - II CONVOCATORIA