CAMPAÑA NADAL DISTINTO, NADAL EN SADA
20/11/2018
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector comercial e empresarial do Concello de Sada, co obxetivo de promocionar e potenciar o comercio local e o consumo de proximidade neste municipio, pon en marcha a campaña "Nadal Distinto, nadal en Sada" na que poderá participar calquera establecemento comercial que o solicite
FORMACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB
06/11/2018
No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputaciónda Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Información e Comunicación que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3: DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)
VI Outono de Tapas Sada 2018
29/10/2018
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente de Sada, xunto coa agrupación Eres de Tapas Si..., organiza o VI Certame Outono de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar o sector hostaleiro, a restauración e o turismo do municipio.
O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante
26/10/2018
-Sada ocupa o posto 453, dun total de 8.116 municipios España, e o 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€. Desde o 2014 Sada aumentou dous postos nos concellos de Galicia con maior renda pasando do 13 ao 11 cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupa o 10 posto da comunidade con 25.871€.
O GALP Golfo Ártabro Sur crea o proxecto "Mulleres do Mar"
15/10/2018
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur sabe da importancia do traballo das mulleres do mar e quere que se faga máis visible. Por isto, este proxecto nace co obxectivo de incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres que traballan no sector do mar.
Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"
10/10/2018
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza o Obradoiro gratuito A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN en colaboración con ManOne Promotion&Social Media, dirixido a persoas emprendedoras e pymes.
CERVEFEIRA ARTESÁ DE SADA 2018
17/09/2018
Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro volve a Cervefeira Artesá de Sada organizada pola Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente
O concello de Sada programa actividades para toda a familia nunha feira onde ademais de contar con máis de 30 tipos diferentes de Cervexas artesás galegas, por primeira vez en España contarase cunha cata e análise sensorial aplicada a cervexa en tempo real a cargo da empresa TasteLab. Asemade, encontrarás gastronomía, música, xogos tradicionais para todas as idades, a cargo de Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, e tamén unha Exhibición e talleres de Rugby a sete a cargo do CD Zalaeta Rugby.
Inscricións Cervefeira Artesá de Sada 2018
12/09/2018
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca a IV Cerveferia Artesá de Sada que terá lugar os días 5,6 e 7 de outubro de 2018.
Por tal motivo abre a participación a todas aquelas persoas físicas e xurídicas así como ás pequenas empresas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de fabricación de cervexa artesá.