Cultura...

Cultura


ESCOLAS DE VERAN 2019

ESCOLAS DE VERAN 2019

05/06/2019

O Concello de Sada leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre e convoca a oferta de Escolas de Verán 2019 coas que pretende atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

04/06/2019

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo ven de publicar a axenda de actividades que se realizarán no mes de xuño e que inclúen contacontos, concerto para bebés, presentación de libros e animación á lectura con cans.

Sendereando no Camiño por Fisterra

Sendereando no Camiño por Fisterra

03/06/2019

O Concello de Sada programa un novo roteiro do Sendereando no Camiño nesta oa casión por Fiesterra o domingo 9 de xuño

 

Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

31/05/2019

Un desfile de 70 artistas tocarán, cantarán e bailarán polas rúas de Sada durante a mañá na antesala do Festival Tradicional e o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

23/05/2019

BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos que terá lugar na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo o venres 24 de maio de 18:30 a 19:30 e para o que o Concello de Sada abre a inscrición de 25 prazas para nenos e nenas de 5 a 11 anos. 

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

16/05/2019

O programa de animación á lectura con cans volve á Biblioteca Municipal para aprender a ler con Nora en galego dentro das actividades do Día das Letras Galegas

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO” 16/05/2019 LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS

Campaña internacional Quere o teu mercado en Sada

Campaña internacional Quere o teu mercado en Sada

16/05/2019

Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente,  únese á campaña internacional "Quere o teu Mercado". Será o sábado 25 de maio, cando regalarán unha pranta ornamental por unha compra mínima de 5 euros. 

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

07/05/2019

O Concello de Sada programa diversos actos con motivo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas 2019, adicado este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.