Subvencións para organización de festexos patronais parroquiais e organización de actividades culturais

05/11/2019

Subvencións para organización de festexos patronais parroquiais e organización de actividades culturais

O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, ven de publicar as subvencións para a organización de festexos patronais parroquiais e  Organización de actividades culturais de interese xeral.

IMPORTANTE: O prazo de presentación de solicitudes, que deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Sada, será de dez días laborais a partir do seguinte ao de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

05/11/2019 - Extracto do Decreto da Alcaldía 1936/2019, de 11 de outubro de 2019, poloque se convocan as subvencións destinadas a asociaciones sadenses sin ánimo de lucro para a organización de actividades culturais no ano 2019

05/11/2019 - Extracto do Decreto de Alcaldía 1937/2019, de 11 de outubro, polo que se convocan as subvencións municipais de caracter competitivo destinadas a entidades sadenses organizadoras de festas patronais parroquiais para o ano 2019

Subvencións a entidades para a organización de actividades culturais, en réxime de competencia competitiva para o exercicio 2019.

Subvencións a entidades para a promoción de festexos patronais parroquiais,en réxime de competencia competitiva para o exercicio 2019.

A presente convocatoria ten por obxecto establecer oprocedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de festexos patronais parroquiais” e  “Organización de actividades culturais de interese xeral” en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

FESTEXOS PATRONAIS PARROQUIAIS

O Concello de Sada pretende por medio da presente convocatoria prestar axuda ás entidades culturais e veciñais para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios no tocante ao fomento da participación activa da cidadanía e á celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, xurdidas da iniciativa popular e que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.

O período que se terá en conta para a realización das actividades será o ano 2019, abarcando os meses desde xaneiro a novembro. Subvencionaranse os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se relacionen coa organización de actividades festivas para a celebración do “Patrón/Patroa parroquial”.

Por proxectos entendese a organización de festas patronais parroquiais, de arraigo popular e celebración tradicional. Exclusións: quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de Cultura ou que a xuízo da Comisión Avaliadora teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.

ACTIVIDADES CULTURAIS

O Concello de Sada pretende por medio da presente convocatoria prestar axuda ás entidades culturais sen ánimo de lucro para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía e democratizar o acceso da sociedade á cultura e o fomento da creación cultural a nivel local.

O período que se terá en conta para a realización das actividades comprenderá os meses desde xaneiro a novembro de 2019. Subvencionaranse os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se relacionen coa consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

  • Organizar actividades de promoción da cultura a través de calquera das súas manifestacións artísticas ou divulgativas.
  • Por en marcha iniciativas que impliquen a participación da cidadanía na creación cultural ou o coñecemento e goce de manifestacións culturais.
  • Desenvolver accións que melloren a comunicación entre axentes culturais, así como entre estes e o público en xeral.
  • Impulsar e/ou conservar as nosas tradicións culturais, a través de disciplinas como a música, a danza, o canto, a memoria colectiva, etc.
  • Dar resposta ás demandas sociais en relación á creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación
  • Colaborar coa Concellería de Cultura na organización de actividades incluídas na programación anual ou coorganizar eventos e propostas culturais ou festivas.

Por proxectos entendese a organización de actividades culturais, formativas, como poden ser cursos, charlas, actividades de promoción ou recuperación da cultura a historia e as tradicións locais; mostras, certames, exposicións; actividades de fomento das artes literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais ou musicais; edición de publicacións, etc.

Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de Cultura ou que a xuízo da Comisión Avaliadora teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Cultura .

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA