Sada volve celebrar esta fin de semana o Mestura Shopping, feira do comercio local

27/08/2019

Sada volve celebrar esta fin de semana o Mestura Shopping, feira do comercio local

O evento do comercio local sadense terá lugar na nosa vila este sábado 31 e domingo 1 de agosto no espazo habilitado no Paseo Maítimo detrás da Terraza. 


Sada, 27 agosto 2019

O paseo marítimo de Sada acollerá este fin de semana unha nova edición do Mestura Shopping, unha feria que se instalará detrás da Terraza no que os visitantes terán a oportunidade de atopar desde artículos de moda, calzado, complementos, artesanía, xoguetes a productos frescos e refrixerios en horario ininterrumpido de 11:00 ás 22:00 o sábado 31 de agosto e de 12:00 a 21:00 o domingo 1 de setembro na carpa que se situará detrás da Terraza.

A concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, sostén que a feira é unha oportunidade para que os visitantes atopen productos de excelente nivel a bo prezo, un impulso para proxecto de futuro do comercio local e un exemplo da aposta do Concello de Sada por darlle continuidades a actividades desestacionalizadas para avanzar na dinamización social da vila

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Turismo. Subvencións e axudas. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA