Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

02/07/2020

Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DO 7 E 9 DE XULLO

A concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías programa actividades gratuitas de lecer ao aire libre durante o mes de xullo

As actividades, destinadas a nenas e nenos de 5 a 12 anos empadroados en Sada, levaránse a cabo na zona do Paseo Marítimo de Sada os martes e xoves de cada semana de 11:30 a 13:30 horas.

Entre outras realizarán actividades dinámicas tipo gymkanas, busca do tesouro, olimpiadas, xogos alternativos, etc .

Durante a fin de semana (venres, sábado e domingo) estará aberta a inscrición (20 prazas) para as actividades da seguinte semana onde se poderá apuntar aos nenos tanto os dous días coma só un día (martes ou xoves).

 

 


Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Saúde. Educación. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA