Sada notificou a 102 propietarios para que limpen as súas parcelas

04/07/2019

Sada notificou a 102 propietarios para que limpen as súas parcelas

-O Concello de Sada advirte que máis dun cento de parcelas do termo municipal, tanto no rural como no casco urbano, están sen limpar contravindo  a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais.


Sada, 4 xullo 2019.

Os servizos urbanísticos do Concello de Sada ven de noticifar desde o pasado mes de xuño  a 102 propietarios de parcelas da obrigatoriedade de cumprir coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de cumprimento polas persoas das súas obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, tal como estas obrigas quedan definidas logo da reforma das devanditas disposicións pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

As notificacións enviadas polo Concello de Sada advirten aos propietarios das parcelas que deben porceder á limpeza das súas fincas ou a administración executará subsidiariamente a limpeza das mesmas. Este prazo en algunha das notificacións xa se fixo efectivo polo que o concello entrará nas fincas a limpar e remitirá a factura aos propietarios.

Os  Concellos son os responsables da notificación,  nos supostos de incumprimento, das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural. Polo que desde o departamento de Urbanismo se lles notifica, aos propietarios das fincas que están sen limpar, do prazo de quince días para que procedan a súa limpeza.

O apercibimento inclúe unha referencia expresa á obriga legal da persoa titular do terreo, ou do dereito de aproveitamento deste, de facilitar o acceso á empresa contratada polo Concello para que realice os traballos de execución subsidiaria e á facultade deste último de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, se non procede no tempo concedido á realización dos traballos.

Tamén se advirte na notificación de que se procederá a súa exacción inmediata, en caso de persistencia no incumprimento, da liquidación provisional dos custos á que pode dará lugar a devandita execución subsidiaria, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Avisos. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Urbanismo. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.