Sada entrega mascarillas para as nenas e nenos de 6 a 12 anos do muncipio

24/05/2020

Sada entrega mascarillas para as nenas e nenos de 6 a 12 anos do muncipio

-O Concello de Sada entregará na OMIX a partir do luns 25 de maio máscaras hixiénicas reutilizables homologadas con eficiencia de filtración bacteriana superior ao 98% e alta respirabilidade.

Cita previa para entrega de mascarillas infantís

Sada, 22 maio 2020.

O Concello de Sada, ademais de enviar nos últimos días máscaras a cada veciña e veciño empadroado no municipio a través de correo postal, tamén entregará a partir do luns 25 de maio máscaras infantís reutilizables para nenas e nenos de 6 a 12 anos veciños da localidade. Para solicitar as máscaras é requisito imprescindible que o/a menor estea empadroado no municipio.

A entrega realizarase nas oficinas da OMIX (Praza Pescadería s/n) previa cita para a recollida de mascarillas a través do sistema de Cita Previa da web municipal seleccionando o día e a hora que se acudirá a recollelas.  

O Concello de Sada entregará unha máscara hixiénica reutilizable homologada con eficiencia de filtración bacteriana superior ao 98% e alta respirabilidad. Xunto coas máscaras achégase unha nota coas instrucións de lavado e desinfección.

Entrega de máscaras en Sada

O Concello de Sada enviou os pasados días máscaras cirúrxicas  a todos os domicilios do municipio en base aos datos existentes no padrón.

O envío realizouse a través dos servizos de Correos e as cartas, cunha máscara para cada habitante da vivenda, entregáronse en todas as casas do oito parroquias do municipio a condición de que os seus habitantes estivesen empadroados.

O Concello de Sada repartiu un total de 16.000 unidades. Ademais, da repartición a domicilio entregouse aos comerciantes que o solicitaron un kit con máscara, luvas, xel hidroalcohólico e desinfectante.

Até o momento, o Concello de Sada leva repartidas ao redor de 35.000 máscaras, máis da metade compradas polo consistorio e o resto entregadas por Administracións e empresas.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Temas:
Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA