Prazo extraordinario de matrícula na Escola Municipal de Música de Sada

01/09/2019

Prazo extraordinario de matrícula na Escola Municipal de Música de Sada

A Escola Municipal de Música de Sada abre do 3 ao 9 de setembro un prazo extraordinario de matrícula para o curso 2019-2020.

IMPRESO DE PRAZO EXTRORDINARIO DE MATRÍCULA CURSO 2019 -2020

ANUNCIO PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA 


ESPECIALIDADES QUE SE OFERTAN NO PLAZO EXTRORINARIO DE MATRÍCULA 2019/20

  • Música e movemento I: 5 prazas (O neno ou nena terá cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2020)
  • Canto: 5 prazas (O alumnado terá que ter dous cursos de Linguaxe musical acreditado. Idade mínima 9 anos) .

Os impresos de prazo extraordinario de matrícula poden obterse na Casa da Cultura, no Rexistro do Concello, na Oficina da Xuventude ou na páxina web do Concello.

Unha vez abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria, ata o 9 de Setembro xunto a seguinte documentación:

  •  Xustificante do pago da matrícula anual
  • Padrón municipal
  • En caso de familia numerosa de categoría xeral ou especial, presentar o título que o acredite.

Non se admitirán matrículas fora de prazo.

Arquivado en:
Novas. Casa da cultura "Pintor Lloréns". Educación e Deporte. Avisos. Sada.

AXENDA