Obradoiro de Escritura Creativa na Biblioteca de Sada

23/07/2020

Obradoiro de Escritura Creativa na Biblioteca de Sada

A biblioteca de Sada ofreces dous obradoiros gratuítos de escrita creativa, un deles dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos e outro a persoas adultas.

Formulario de inscrición para rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos

Formulario de inscrición para persoas adultas


Sada, 23 xullo 2020.

Este obradoiro ofrece as ferramentas necesarias para comezar e perfeccionar a túa escrita creativa en prosa para que poidas deixar voar a túa creatividade e saber como plasmalo nun papel. A escrita ten múltiples beneficios e ademais sen darte de conta estarás mellorando aspectos como a gramática, a ortografía ou a sintaxe. Traballaranse aspectos formais e aspectos creativos, mediante a realización de actividades prácticas e divertidas nas que se incluíran xogos e lecturas en grupo así como a participación nalgún certame literario, deixando a parte teórica relegada a un segundo plano.

Constará de 5 sesións a realizar os venres dende o 7 de agosto ao 4 de setembro, nos seguintes horarios:

- Obradoiro creativo para persoas adultas: 10:30 a 12:00h

- Obradoiro creativo para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos: 12:30 a 14:00h

O prazo de inscrición abrangue dende o día 24 de xullo ata o 2 de agosto. Disponse dun total de 10 prazas. Ditas prazas adxudicaranse por orde de inscrición e serán prioritarias aquelas persoas empadroadas en Sada.

Para máis información podes poñerte en contacto coa Biblioteca de Sada a través do número de teléfono 981 61 91 15 de luns a venres de 09:00 a 14:00 ou do correo electrónico biblioteca@sada.gal 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura .

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Cultura.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA