NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VIVES EMPREGA

21/08/2020

NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VIVES EMPREGA

O Concello de Sada volverá a ter unha nova edición do programa Vives Emprega que se vai desenvolver no segundo semestre do 2020 

INSCRICIÓN


 

Vives Emprega é un programa da ONG “Acción Contra el Hambre” orientado a aumentar as túas oportunidades para atopar emprego a través da mellora das túas competencias e habilidades. Grazas a unha metodoloxía innovadora de traballo en equipo póñense en valor as túas capacidades para axudarte a acadar os teus obxectivos.

A actual situación de crise sanitaria do covid19 fai que a prioridade sexa a seguridade das persoas evitando as xuntanzas grupais e, ca adaptación metodolóxica axeitada, ésta edición vai ser en modalidade semipresencial – online, modalidade probada, por obriga da pandemia, na anterior edición obtendo unha resposta xeral satisfactoria por parte das persoas participantes.

Esta nova edición vai iniciar de inmediato a fase de difusión, polo que todo o proceso de sesións informativas, inscricións e entrevistas ás persoas interesadas en participar será en remoto por algunha das aplicación existentes (Skype, Teams, ....) ou telefónica.

Os participantes terán acceso a contactos directos con empresas, eventos de emprego e obradoiros con responsables de Recursos Humanos. Diversos expertos axudarán a motivar aos participantes e axudarlles a recuperar a confianza. 

¿A QUÉN VAI DIRIXIDO O PROGRAMA?

  • A persoas que se atopen en situación de desemprego inscrita como demandante de emprego.
  • Se queres coñecer a situación actual do mercado laboral post Covid19. • Axeitar o teu perfil profesional cara oportunidades de traballo.
  • Se queres aprender a promocionarte e facer entrevistas de traballo eficaces empregando as novas tecnoloxías.

¿CÓMO FUNCIONA?

No programa Vives Emprega contarás co apoio e reforzo dun profesional que te axudará a mellora nas túas competencias laborais mediante:

  • Sesións grupais ONLINE dous días á semana.
  • Sesións individuais (online ou telefónica) de atención persoalizada donde traballar nos teus obxectivos profesionais e cómo acadalos.
  • Posibilidade de realizar

FORMACIÓN ONLINE.

  • Participar en xuntanzas e encontros ONLINE con empresas que te achegarán ao mercado laboral.

LUGAR DE REALIZACIÓN:

  • Modalidade SEMIPRESENCIAL - sesións ONLINE

DATA:

  • Segundo semestre do 2020 (setembro a decembro)

PERFIL DAS PERSOAS QUE PODEN PARTICIPAR:

O programa Vives Emprega vai dirixido a:

  • Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego
  • Localidade de residencia dentro da provincia de A Coruña

MÁIS INFORMACIÓN:

Alejandro Martín – Técnico Coordinador do Vives Emprega Galicia

TELÉFONO: 682 700 162 - mail: amartinlopez@accioncontraelhambre.org

INSCRÍBETE AQUÍ e porémonos en contacto contigo.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA