EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI EN SADA

12/09/2019

EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI EN SADA

Os vindeiros días 4 e 5 de novembro de 2019 desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diario de 55 solicitudes.


Sada 12 setembro 2019

Tal e como ven realizando habitualmente en anos anteriores  un Equipo Móbil de expedición do DNIe desprazarase a Sada os vindeiros 4 e 5 de novembro a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diario de 55 solicitudes.

Todas as persoas interesadas na expedición ou renovación do DNIe  poderan inscribirse no Concello de Sada (Rexistro) a partir do 17 de setembro.

As persoas interesadas deberán facilitar cando se inscriban nome e apellidos, número de DNI e teléfono do solicitante para contactar no caso de que xurda algún imprevisto.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica e Contratación. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA