ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2020-2021

22/09/2020

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CURSO 2020-2021

O Concello de Sada abre a inscrición na Escola Municiapal de Teatro para o curso 2020-2021

22/09/2020 - Aprobación da listaxe provisional de solicitantes admitidos na Escola Municipal de Teatro durante o curso 2020-2021

Inscripción en línea

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA. (Aprobación bases de participación da Escola Municipal de Teatro curso 2020-2021)


Sada, 8 setembro 2020.

A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais.

Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.

Destinatarios/as.

A Escola de Teatro está dirixida a alumnado a partir de 8 anos.

Participantes derivados dos Servizos Sociais : No caso de participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, resérvase un 10% das prazas no caso dos menores de idade, previo informe favorable dos/as técnicos/as.

Ditas prazas serán cubertas por adxudicación directa dende o momento en que a Concellaría reciba o informe preceptivo. Esta adxudicación directa pode vir asociada a unha exención do pago das cuotas.

Temporalización e lugar de realización.

A programación da Escola de Teatro 2020-2021 comezará o martes 6 de outubro e finalizará o martes 15 de xuño de 2020

Haberá períodos vacacionais nas seguintes datas

Nadal: do 23 de decembro até o 7 de xaneiro

Entroido: 15,16,17 de febreiro

Semana Santa: Do 27 de marzo ao 5 de abril Días festivos locais, autonómicos ou nacionais

Ubicación da Escola de Teatro:

Auditorio Casa da Cultura “Pintor Lloréns”

Preinscrición para participar na Escola de Teatro

O alumnado inscrito en anos anteriores deberá realizar e presentar igualmente a documentación requerida.

Non existe reserva de praza si participou na Escola en anos anteriores.

O alumnado deberá formalizar a inscrición das actividades a través das seguintes vías:

FORMULARIO EN LIÑA: a cuxa ligazón poderá acceder aquí  

SEDE ELECTRÓNICA:  Só para persoas que posúan certificado dixital. Deberán presentar unha instancia xeral solicitando praza na Escola.

Prazos

O prazo ordinario de preinscrición será desde a súa publicación na web municipal até o 20 de setembro.

O sorteo (en caso de máis solitudes que prazas) e a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda, será o 22 de setembro.

A formalización definitiva da preinscrición para as persoas que teñan praza será mediante a presentación do xustificante de pagamento no prazo do 22 ao 29 de setembro (ambos inclusive) escaneado ao correo omixsada@gmail.com.

No caso de aplicar desconto no pagamento, deberase axuntar copia do documento que o acredite.

A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.

Prazo extraordinario de pagamento para persoas en listaxe de agarda e novo alumnado solicitante: a partir do 30 de setembro e en calquera momento durante o curso escolar sempre que se dispoña de prazas vacantes e pedagóxicamente sexa posible a inclusión de máis alumnado en cada grupo.

Grupos, horarios e sorteo

Para que as actividades se podan realizar terá que haber un mínimo de 7 solicitudes por grupo de idade ofertado no momento da preinscrición.

Ofértanse 2 grupos por idade: Grupo infantil-xuvenil: de 8 a 15 anos (15 prazas). Martes de 16.30 a 18.30h Grupo adultos: a partir de 16 anos (15 prazas). Martes de 19.30 a 21.30h

Na medida do posible, e naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, cabe a posibilidade da creación de novos grupos (por idades), polo que os horarios poderán sufrir modificacións.

Prezos e períodos de pagamento:

Os prezos de aplicación para os/as participantes na Escola Municipal de Teatro, serán os que se establezan no informe de prezo público correspondente.

O pago do curso dividirase en dúas cuotas, quedando da seguinte forma:

Pago da 1ª cota (do 22 ao 29 de setembro) correspondente ao periodo outubro 2020-xaneiro 2021 Menores: 40€ Adultos: 48€

Pago da 2ª cota (do 20 ao 27 de xaneiro) correspondente ao periodo febreiro-xuño 2020. Menores: 50€ Adultos: 60€

Unha vez realizado o pagamento deberá axuntar copia do mesmo ao correo omixsada@gmail.com

Nota: No caso de alumnado que se incorpore ao longo do curso e que dispoña de praza, deberá realizar o ingreso da parte proporcional dos meses restantes

Descontos

50%: A alumnado integrante de Familias Numerosas (aportar copia do título de F.N.).

Baixa na actividade

Para cursar baixa na actividade, o/a interesado/a deberá comunicalo por escrito entre o 1 e o 15 do mes anterior ao que se desexa causar baixa. De non tramitalo antes desa data, constará como participante de alta.

Non se considerará baixa na actividade si o/a alumno/a lle comunica de palabra ao docente que non vai seguir asistindo ao curso.

A baixa na actividade deberá presentarse no rexistro municipal (á atención dos Servizos Económicos Municipais) a través dunha instancia ou modelo “baixa actividade”.

As baixas tramitadas en tempo e forma permitirá ao alumnado poder solicitar a devolución da parte proporcional dos meses aboados mediante petición por escrito no rexistro, axuntando a seguinte documentación: certificado de conta bancaria, xustificante de pagamento da cota, copia do DNI.

Normas de comportamento

A organización da Escola, non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal.

Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das sesións en repetidas ocasións (previas advertencias dende a dirección da Escola), pode ser susceptible de expulsión.

Condicións de participación, obligación de información e consentimento informado fronte ao COVID-19:

As persoas solicitantes deberán mostrar a súa aceptación, a través da inscrición, dos seguintes puntos:

Condicións de participación - Mantemento das condicións hixiénico-sanitarias, prevención e actuación persoal.

Non se descarta que haxa modificacións no funcionamento e organización do curso escolar dependendo das condicións que marquen as autoridades sanitarias en materia de COVID-19, algo que en todo caso, será comunicado ao alumnado en todo momento.


Arquivado en:
Novas. Sada. Cultura .

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Xuventude. Maiores.

AXENDA