Cogomelos, xabaril e filloas entre as propostas do Outono de Tapas de Sada
22/10/2019
-Sada celebra do 8 ó 10 de novembro a 7ª edición do concurso Outono de Tapas onde 22 establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán as súas ofertas culinarias.
Sada, 22 outubro 2019
A sétima edición do Outono de Tapas proponnos un paseo culinario polos aromas do outono con innovadoras propostas gastronómicas como roliños crocantes de gambas e cogomelos, xabaril estufado con puré de cabaza, pastel de carne e cogomelos do bosque, croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada ou filloas de outono.
Vintedous establecementos serán os participantes nesta nova edición do concurso culinario, onde a imaxinación dos restauradores non ten limite. Materia prima local e produtos propios da tempada de outono son a base das exquisitas creacións desta cociña en miniatura. Cogomelos, castañas, grelos, xabaríl ou cabaza entre moitos outros, farán as delicias de todos. As tapas serviranse coas consumición o prezo dun euro.
O Concello de Sada, dende a concellería de Promoción Económica renova a aposta por este tipo de accións para impulsar o sector hostaleiro e o turismo en Sada, e espera repetir o éxito de edicións pasadas.
A participación estivo aberta a todos os hostaleiros do municipio e os establecementos participantes nesta sétima edición serán A Lagoa, A Nosa Viña, a Xeitosiña, Café Bar Antoxos, Albayzim, Casapueblo Restaurante, Cobh, Covad´anca, Decanta-t, El Canalla, El Chiringuito, Faísca-A Marola, Jamonería Edu´s, Nordeste, Mesón Riobao, Muelle 33, Ría de Sada, Taberna A Perla, Va Bene, Vinoteca Go-Go, Vivamus ou Zumolandía.
A Concellaría agradece ós 22 participantes que se sumasen á iniciativa e xa traballa na súa promoción. Ademais, os restauradores optarán a varios premios, os outorgados por un xurado formado por expertos na materia e os outorgados pola votación do público. Poderase votar a través das urnas que se atoparán nos locais e tamén a través do grupo de Facebook “Eres de Tapas de Si…”.
PROPOSTAS DA HOSTALERÍA LOCAL OUTONO DE TAPAS 2019 (8 ao 10 Novembro)
A LAGOA - Xiba en Tinta
A NOSA VIÑA - Petitono
A XEITOSIÑA - Faceiras de Outono
ALBAYCIM - Croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada
CAFÉ BAR ANTOXOS - Calaseta
CASAPUEBLO RESTAURANTE - Champiqueixo
COBH - Sorpresa de cogomelo
COVAD´ANCA - Abocad@s
DECANTA-T - Bocado sopresa de Magosto
EL CANALLA - Trampicallos
EL CHIRINGUITO - Croquemix
FAÍSCA-A MAROLA - Filloas de Outono
JAMONERÍA EDU´S - Roliños crocantes de gambas e cogomelos
MESÓN NORDESTE - Outono
MESÓN RIOBAO - Xabaril estufado con puré de cabaza
MUELLE 33 - Delicia de Outono
RÍA DE SADA - Capricho de Cogomelos
TABERNA A PERLA - Niño de paspallás manchego
VA-BENE - Pastel de carne e cogomelos do bosque
VINOTECA GO-GO - Tosta outonal
VIVAMUS - Outono Vivamus
ZUMOLANDIA - Xamón asado á galega
Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Emprego.
Temas:
Economía. Turismo. Participación cidadá.