A piscina municipal abre de novo logo do remate dos traballos de cambio de climatizadora

12/09/2019

A piscina municipal abre de novo logo do remate dos traballos de cambio de climatizadora

Logo de rematar os traballos de cambio de maquinaria da climatizadora da instalación que obrigaron a pechar durante uns días a piscina municipal abre de novo no seu horario habitual.


Sada 12 setembro 2019.

A empresa adxudicataria das instalacións informa que a piscina municipal do complexo deportivo xa está aberta logo da realización dos traballos de cambio da climatizadora.

O spa da instalación e a piscina pecharon a pasada semana e o resto de instancias do complexo deportivo (ximnasio, sauna, duchas....) permaneceron abertas no seu horario habitual..

Cambio da Climatizadora da Piscina Municipal

O obxectivo da actuación que se levou a cabo nas instalacións deportivas municipais é o cambio da climatizadora da piscina municipal por outra con recuperador de calor para reducir o consumo de gasóleo. O proxecto ten un orzamento de 76.303,90€ dos cales o Concello de Sada asumirá 15.261,58€.

O Goberno Local conseguiu unha axuda do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder. A Unión Europea estimou favorablemente a solicitude de axuda ao Concello de Sada para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso únaa economía baixa en carbono no marco do programa de crecemento sustentable e financiará con 228.710,99€ , que supón un 80% o máximo posible, os proxectos de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Barrié de la Maza mediante a rehabilitación enerxética de xanelas e/ou lucernarios, a subministración e instalación de dúas bombas de calor na Casa da Cultura e o cambio de climatizadora da piscina municipal por outra con recuperador de calor.

 

Arquivado en:
Novas. Educación e Deporte. Sada.

Temas:
Subvencións e axudas. Saúde. Deporte. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA