Veciños...

Veciños


CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

06/06/2019

Contacontos da compañía Trinketrinke nos que ensinan ás nenas e nenos uns sinxelos principios de funcionamento político da comunidade (que é o diñeiro público, como e para que se escolle un alcalde ou alcaldesa...).

II Andaina Solidaria Nocturna Sada 2019

II Andaina Solidaria Nocturna Sada 2019

06/06/2019

O vindeiro venres 28 de xuño celebraremos en Sada a II Andaina Nocturna Solidaria organizada pola Cruz Vermella Sada e o Concello de Sada onde ademáis de colaborar coa Cruz Vermella gozaremos dun percorrido en familia e remataremos cunha chocolatada e sorteo de agasallos que donaron as empresas colaboradoras.

ESCOLAS DE VERAN 2019

ESCOLAS DE VERAN 2019

05/06/2019

O Concello de Sada leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre e convoca a oferta de Escolas de Verán 2019 coas que pretende atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

04/06/2019

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo ven de publicar a axenda de actividades que se realizarán no mes de xuño e que inclúen contacontos, concerto para bebés, presentación de libros e animación á lectura con cans.

Aprobado o proxecto da senda peonil e ciclista en Fontán

Aprobado o proxecto da senda peonil e ciclista en Fontán

04/06/2019

- Onte o Diario Oficial de Galicia publicaba a aprobación definitiva do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (p.q 1+280-1+840) que contempla a construción dunha franxa vexetal de aproximadamente medio metro de ancho entre unha e outra senda e a colocación de tubaxe na beiravía para a canalización das augas pluviais, que permita a circulación dos peóns e ao mesmo tempo garanta a drenaxe adecuada da estrada.

CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN DO CLUB ATLETISMO SADA

CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN DO CLUB ATLETISMO SADA

03/06/2019

Outro ano máis, o Club Atletismo Sada organiza un Campus Deportivo de Verán para nen@s nacid@s entre 2006 e 2013, cunha gran variedade de actividades e que conta coa colaboración da concellaría de Deportes 

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil Galiña Azul para o vindeiro curso 2019/20

01/06/2019

01/06/2019 - Listado definitivo admisión Galiña Azul Curso 2019-2020

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

31/05/2019

Un desfile de 70 artistas tocarán, cantarán e bailarán polas rúas de Sada durante a mañá na antesala do Festival Tradicional e o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre