Turistas...

Turistas


Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

06/03/2019

-As obras, comezaron coa desgarga de material e valado de seguridade da zona, inclúen ademáis da instalación dos novos elementos de xogo a reparación e renovación do pavimento actual, a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques do termo municipal. Asemesmo se instalará un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo.

ENTROIDO SADA 2019

ENTROIDO SADA 2019

28/02/2019

O Concello de Sada programa diversas actividades para as Festas do Entroido 2019 

Descarga programa completo do Entroido 2019.

Tapas de Entroido durante todo o fin de semana en Sada

Tapas de Entroido durante todo o fin de semana en Sada

21/02/2019

-A 4ª edición do concurso de Tapas de Entroido se celebrará os días 22,23 e 24 de febreiro nos locais de hostelería sadense que ofrecerán as suás propostas ao prezo de 1 euro.

Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

12/02/2019

O fin de semana do 16 e 17 de marzo a Camelia será novamente protagonista en Sada. A aposta da concellería de Promoción Económica e Medio Ambiente é ter mais e mais expositores locais tanto do propio concello sadense coma dos limítrofes agardando superar o número destes fronte aos do ano pasado.

ENTROIDO DE TAPAS 2019

ENTROIDO DE TAPAS 2019

04/02/2019

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector hosteleiro e a agrupación Eres de Tapas Si...  organiza os próximos 22,23 e 24 de febreiro a IV edición do Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería local, a restauración e o turismo no municipio.

MAIS DE 600 DEPORTISTAS INSCRITOS NO TRAIL COSTA DOCE QUE DISCORRE POR PARAXES DA COSTA SADENSE

MAIS DE 600 DEPORTISTAS INSCRITOS NO TRAIL COSTA DOCE QUE DISCORRE POR PARAXES DA COSTA SADENSE

16/01/2019

- O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado”, en definitiva non deixar rastro da nosa actividade.

O novo parque infantil do Paseo Marítimo de Sada estará operativo en primaveira.

O novo parque infantil do Paseo Marítimo de Sada estará operativo en primaveira.

04/01/2019

-A xunta de goberno local adxudicou en 244.451,00€ á empresa Lappset España SL a  remodelación do parque infantil do Paseo Marítimo para disfrute dos veciños e veciñas do municipio así como para convertelo nun atractivo para a área metropolitana de A Coruña.

CABALGATA DE REIS 2019

CABALGATA DE REIS 2019

28/12/2018

LISTAXE PARTICIPANTES E LISTA DE AGARDA DA CABALGATA DE REIS 2019. 

PERECORRIDO DA CABALGATA DE REIS